Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista denuncia o “cinismo político” da Xunta por criticar retrasos na autovía Santiago – Lugo mentres eles mesmos bloqueaban as obras entre abril e setembro

Patricia Otero leva ao Parlamento o bloqueo por parte de Augas de Galicia a un permiso imprescindible para avanzar nas obras dun viaduto no tramo Arzúa – Melide da autovía Santiago – Lugo

A portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Patricia Otero, vén de denunciar no Parlamento o “cinismo e hipocrisía” políticos do PP e o goberno galego logo de constatar que bloquearon as obras da autovía Santiago – Lugo durante catro meses e medio para acusar ao goberno central dos retrasos durante a campaña electoral.

Otero presentou unha batería de iniciativas parlamentarias logo de facerse público que Augas de Galicia, un organismo dependente da Xunta que regula as concas fluviais, bloqueou dende abril ata o pasado 30 de agosto o permiso para o retranqueo do río Ladrón. Este permiso, solicitado polo goberno central no dito mes de abril, era clave para avanzar nas obras dun viaduto no tramo Arzúa – Melide da A – 54.

A parlamentaria socialista critica a “cara dura política” do PP e do goberno galegos, que empregaron o retraso da obra que eles mesmos estaban a provocar como argumento electoral contra a xestión do goberno central. Lembra que esta infraestrutura, esquecida polo PPdeG durante o mandato de Rajoy, foi empregada como eixo dunha campaña dende setembro de 2022 terxiversando a realidade dos feitos contra a xestión do goberno central.

Patricia Otero censura o empeño do PP en “agochar a súa verdadeira intención de bloquear calquera avance nas infraestruturas” para Galicia e neste caso para a provincia de Lugo con mostras de “política burda de baixo nivel” coa que “o único que conseguen é prexudicar á cidadanía”.

Permiso

A parlamentaria socialista critica o “desleixo das obrigas e ineficacia administrativa” amosada polo goberno galego, que paralizou o dito permiso ata poucos días despois de que saíra á luz pública, mentres o Ministerio de Infraestruturas comezaba cos traballos de desvío do cauce do río ao día seguinte de recibir o permiso por parte de Augas de Galicia.

Advirte que o proxecto presentado a Augas de Galicia en abril prevía facer as obras durante os meses de xullo, agosto e setembro, por ser os que teñen mellores perspectivas climatolóxicas, pero xa será imposible pola incapacidade da Xunta de Galicia. Agora a parlamentaria socialista pídelle á Xunta que “actúe con celeridade”, sinaladamente nas autorizacións que lle corresponden para as obras do Estado en Galicia que precisen de autorización do goberno autonómico.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38