Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista denuncia o “cinismo” de Feijóo por propoñer agora “solucións milagrosas” para a sanidade pública ou a vivenda que el mesmo foi incapaz de aplicar en Galicia

Luis Álvarez advirte que todos os galegos saben que a palabra do líder do PP “non vale nada” como se viu coa promesa dos floteis de Pemex, as políticas de vivenda ou as prazas MIR que deixaron sen convocar

O voceiro parlamentario do Grupo Socialista, Luís Álvarez, denunciou hoxe o “cinismo sen límites” do presidente do Partido Popular por anunciar agora como prioritarias as políticas de vivenda cando as deixou de lado en Galicia ou por propoñer reforzar a sanidade pública logo de contribuír a desmantelala. Reprobou que Feijóo veña a Galicia a “propoñer solucións milagrosas que el mesmo foi incapaz de poñer en práctica durante os 13 anos que estivo ao fronte do goberno da Xunta”.

O representante socialista advertiu ao líder do PP dicindo que en Galicia “sabemos que Feijóo é un bluf” e que a súa palabra “non vale nada”. Ademais engadiu que, “os galegos temos presentes as falsas promesas” cos floteis, remolcadores e quimiqueiros que ía construír Pemex creando miles de empregos no naval galego, sabemos que en vez de reforzo da sanidade houbo recortes, con 970 profesionais sanitarios menos na atención primaria ou a construcción dun hospital de capital privado na área sanitaria de Vigo. Sabemos, engadiu Álvarez, que Feijóo “mentiu sen rubor” prometendo financiar dende a Xunta o AVE entre Lugo e Ourense.

Acusou ao líder popular de ser “o presidente da mentira”, da desaparición das caixas de aforro, dos contratos de Marcial Dorado ou do colapso da atención primaria. Tamén aludiu a que Feijóo critique agora que as eleccións xerais sexan en xullo, cando el convocou as autonómicas tamén en xullo do 2020 “en plena pandemia e con comarcas enteiras confinadas”. Remarcou que o líder popular antes pedía debates e agora “parece que non quere debater”, porque ten “moito que agochar e pouco que amosar do seu verdadeiro programa electoral”.

Fronte ao anterior, Luís Álvarez puxo en valor os “inmensos beneficios” das políticas do goberno do Estado, e sinalou exemplos coma os máis de 2.700 millóns de euros con fondos Next Generation, medidas de impulso económico e de apoio á innovación, programas de apoio ao sector comercial, programas coma o das fragatas F110, cando con Rajoy non houbo “nin fragatas F110, nin F100, nin F90, non había nada, só palabras baleiras de concreción”, remarcou.

Abondou en que a creación do ingreso mínimo vital chegou a 70.000 persoas en Galicia, e repasou as melloras acadadas coas políticas activas de emprego e de formación, as de transición ecolóxica, as axudas para combater a crise derivada pola guerra de Ucraína, os 66.000 bonos gratuítos para os trens de media distancia ou o 30% de desconto no transporte público, entre moitas outras. Contrapuxo así Álvarez as políticas progresistas que chegan as clases medias e traballadores, coas do Partido Popular que “nin ten programa económico nin ten programa para España e moito menos para Galicia”.

Por outra banda, o voceiro  socialistas emprazou a Alfonso Rueda a que “dea explicacións a tódolos galegos” do que fixo cos 1.112 millóns de euros de fondos do Plan de Recuperación entregados directamente ao goberno galego. E remarcou que na sesión plenaria que comeza mañá “ten unha oportunidade inmellorable” para dicir o que fixo con eles e a quen beneficiaron, con que criterios os repartiron e que contía executaron realmente.

Neste asunto lembrou que xa se pediran explicacións sobre o destino dos 159 millóns de euros asignados á Comunidade para reforzar a sanidade, que a Xunta recibiu en plena pandemia e que a día de hoxe “aínda non sabemos a onde foron”. Para clarificar este asunto o presidente da Xunta terá a primeira oportunidade na sesión de control e a continuación apoiando a nosa proposición non de lei.

Ás preguntas dos xornalistas sobre as declaracións de onte do presidente do Partido Popular, onde prometía cargos políticos se chegaba a presidir o goberno do estado, o voceiro socialista tamén sinalou que “non se pode concibir gobernar con repartir cargos” e que nunca se oíu a ningún secretario xeral dicir “non vos preocupedes que vai haber sitio para todos”. Luís Álvarez dixo que “nas súas propias afirmacións vai a forma de concibir o que significa o goberno para Feijóo e o Partido Popular”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38