Categorías: Actualidade

Noelia Otero denuncia “desleixo” da Xunta no ensino pola “estratexia de confrontación” de Feijóo co Estado na súa “carreira por dirixir o PP nacional”

A portavoz de Educación do Grupo Socialista, Noelia Otero, lamentou hoxe o “desleixo de funcións” da Xunta en materia educativa, illando a Galicia do resto do Estado como consecuencia da “estratexia de confrontación” de Feijóo co Estado na súa “carreira por dirixir o PP nacional”. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Educación hoxe no Pleno do Parlamento.

A responsable socialista sinalou que “de nada valen as boas palabras cando veñen de despedir neste curso aos 868 profesores de reforzo” contratados pola pandemia, obrigando á plantilla a “multiplicar esforzos este curso mentres agardan pola mellora nas horas de docencia. Mentres, a resposta da Xunta pasa por suprimir 109 unidades de educación infantil e primaria, ademais de recortes de persoal nun “goteo de casos” ao longo de toda Galicia.

Unha plantilla, dixo, castigada logo de chegar á pandemia claramente mermada despois dunha década de recortes nos que o goberno galego suprimiu 1.334 profesores e profesoras entre 2009 e 2019.

Noelia Otero criticou que o goberno galego presente a súa estratexia de FP ao tempo que “boicotean” a Lei de FP estatal, que logo dun “intenso proceso de particiapción”, foi aprobada no Congreso só co voto en contra do PP.

Agora presentan a súa estratexia, explicou, sen contar co sector e “despois de anos de desleixo desaproveitados en Galicia” nos que “abandonaron á FP nun caixón”, perdendo “anos” por “non ter avanzado nun plan ambicioso específico para Galicia”. Denunciou ademais a “falla de respecto cos órganos participativos” do ensino galego, sinaladamente o Consello Galego de FP, que ten sido obviado na elaboración deste documento.

Máscaras nas escolas

A responsable socialista criticou que na súa ansia por confrontar co goberno central e obrigarse a “dicir NON ás decisións consensuadas, anunciou que o uso das máscaras nas escolas e nos patios de Galicia se mantería”. Esta decisión, dixo, foi tomada en contra da Asociación Española de Pediatría e da inmensa maioría das comunidades autónomas, obrigando aos rapaces a “utilizar unha máscara no patio para quitala nas rúas e nos parques”.

Advertiu que “a comunidade educativa non ten por que padecer a irresponsabilidade e oportunismo político” como evidencia que “anuncian o mantemento das máscaras para acto seguido enviar un correo electrónico sen directrices claras e delegando toda a responsabilidade nas escolas”.

Noelia Otero criticou ademais a escasa relevancia que o goberno do PP lle concede ao ensino como eixo da formación e educación en Igualdade, mentres “a educación é un dos piares básicos nesta loita feminista contra unha sociedade patriarcal que en tantos ámbitos se segue a aferrar aos privilexios históricos dos homes a costa da desigualdade das mulleres”. Advertiu de que o Plan de Actuacións en Igualdade para Centros Educativos está caducado dende 2020.

Sinaloulle ao conselleiro que “como responsable de cultura e educación debera de interesarse polos contidos e os modelos que a CRTVG está a promover en canto á igualdade”. Advertiu de que esta canle está a “expoñer ás mulleres a retos nos que se frivoliza co seu aspecto e superar retos como sacarlle seme a uns touros”, en alusión á participación de Paloma Lago nun programa da TVG a finais do ano pasado.

No mesmo sentido, apuntou o chío da TVG desta fin de semana “sobre como se debe dicir esnifar en galego cunha icona de tarxeta para cortar a droga e dun nariz” no programa “Dígocho Eu”, mentres en Atrápame se Podes lles preguntaban ás participantes “a canto vai o gramo de cocaína na rúa”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32