Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista critica uns orzamentos “indolentes” que “non atenden ás necesidades achegadas coa pandemia” e “desaproveitan unha oportunidade histórica”

Rodríguez Rumbo defendeu unha emenda transversal para mellorar a xestión recadadora, reforzar a loita contra a fraude fiscal e minorar os gastos improdutivos, como persoal eventual, publicidade ou “os denominados chiringuitos”

Propón unha política de ingresos “non conformista e máis progresista” que incorpore unha visión “máis solidaria” da sociedade

A portavoz de Orzamentos do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo vén de defender unha emenda transversal “na liña do ideario socialista” ante uns orzamentos da Xunta “indolentes”. Rodríguez Rumbo fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento tralo debate á totalidade do proxecto de Lei de orzamentos xerais da Xunta para o ano 2021.

“Tráenos hoxe aquí uns orzamentos indolentes”, aseverou. Rodríguez Rumbo incidiu en que malia que son “expansivos en cartos”, son “continuistas en proxectos e en programas”, deixando sen atender as novas circunstancias derivadas da covid. Así, sinalou que o proxecto de orzamentos é “ambicioso sobre os ingresos alleos, pero restritivo nos propios da Xunta”, xa que só medran grazas aos fondos do Estado e aos fondos da Unión Europea.

Rodríguez Rumbo criticou a “opacidade” duns orzamentos no que abundan partidas “moi xenéricas, que impiden a información transparente que esixe a lei de transparencia”. Ademais, subliñou que desaproveitan “a oportunidade histórica que propician os fondos extraordinarios”.

Neste senso, a responsable socialista lembrou que “mentres o presidente Sánchez negociaba no seo da UE” os fondos que hoxe aparecen no proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia, “o PP en Europa boicoteaba para que estes ingresos non chegaran ao noso país”, o que é “vergoñento” e “dunha baixeza política sen precedentes”. Así, “o silencio cómplice do goberno Feijóo tamén foi culpable deste intento de boicotear os fondos”, aseverou.

UNHA EMENDA CUNHA POLÍTICA DE INGRESOS “NON CONFORMISTA E MÁIS PROGRESISTA”

Rodríguez Rumbo presentou unha emenda transversal “que afecta á contía global do orzamento e que transfire crédito entre seccións”, e propón unha política de ingresos “non conformista e máis progresista”, co obxectivo de que a Xunta “non renuncie, como vén sendo habitual, a incrementar os seus recursos propios”.

Ademais, subliñou que a emenda incorpora “unha visión máis solidaria da sociedade no seu conxunto, de xeito que quen gaña moito máis, recibe herdanzas millonarias ou utiliza recursos que son de todas e todos, terán que achegar máis recursos para que todos poidamos saír o menos desigual posible desta tripla crise”.

“Os socialistas propoñemos mellorar a xestión recadadora, reforzar a loita contra a fraude fiscal e minorar os gastos improdutivos”, como o “gasto excesivo de persoal eventual en gabinetes”, os “gastos en publicidade e propaganda, que baixo a denominación de investimento inmaterial aparecen espallados opacamente entre todas as consellerías e entes instrumentais”, así como “a redución real dos denominados polo presidente Feijóo chiringuitos”.

Ademais, instou a empregar a “folgura na previsión de ingresos” en fomentar políticas públicas “para fixar poboación”, loitar contra o paro e a precariedade laboral, apuntalar o gasto de carácter social, impedir o deterioro dos servizos públicos fundamentais, promulgar actuacións no eido produtivo e industrial, ou mellorar o medio ambiente.

SANIDADE, EDUCACIÓN, ECONOMÍA OU POLÍTICAS SOCIAIS

Rodríguez Rumbo propuxo unha emenda na que o orzamento en Sanidade “medraría na mesma proporción que o orzamento no seu conxunto, achegando máis de 121 millóns de euros netos máis, deles máis de 74 millóns de euros en atención primaria”. En canto á partida de Educación, propón incrementar o orzamento en 113 millóns de euros netos para propiciar un incremento no cadro de persoal, dotacións para comedores escolares, ou apostar pola dixitalización.

En canto á vertente económica, urxiu a acabar coa “inacción en materia de política industrial”, así como a “cambiar de estratexia” en canto ao fomento da empregabilidade ou ao emprego autónomo. Nesta liña, propuxo dotar dun plan para unha transición enerxética xusta, unha partida para actuacións en materia de industrias electrointensivas, un plan de actuación para a viabilidade de empresas en crise ou incrementar as partidas orzamentarias en materia de I+D+i.

Neste senso, propuxo un plan de emprego dotado financeiramente para realizar políticas activas de emprego, así como unha liña de axudas directas a comercio, hostalería e ao sector turístico “incrementando as contías orzamentarias en 60 millóns de euros”.

FALLA DE CONSENSO

A responsable socialista criticou que a Xunta obviase “consensuar” o proxecto de orzamentos coas forzas políticas da oposición. Así, instou ao goberno galego a dedicarse “a traballar en colaboración con todas as administracións públicas” para “saír o máis axiña posible desta crise sanitaria, política e social” e urxiu a “renunciar á rifa partidista e atender ás necesidades das persoas”.

Rodríguez Rumbo lembrou que “estamos a sufrir a situación máis dramática coñecida dende a Guerra Civil”, unha pandemia que “nos ten mudado a vida abruptamente” e desencadeou “unha crise sanitaria aparellada dunha crise económica e dunha crise social de dimensións descoñecidas ata o momento”. Así, instou ao goberno galego a colocar ás persoas “no centro das políticas públicas”, xa que “estes orzamentos non deberían ser coma ningún outro”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23