Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista critica a desidia da Xunta diante da caída “dramática” da produción marisqueira nas rías galegas

Julio Torrado urxe á Consellería do Mar a “traballar” na rexeneración das rías, con medidas como a dragaxe dos fondos, o control do baleirado dos encoros ou control de depredadores

O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, lamentou a desidia da Consellería do Mar fronte á caída “dramática” da produción marisqueira nas rías galegas. Torrado presentou unha pregunta oral na no Pleno do Parlamento na que lle reclamou ao conselleiro que tomen medidas para acadar a rexeneración das rías galegas, diante da caída drástica da produtividade por exemplo en Arousa ou Noia.

Torrado urxiu ao goberno galego que poña en marcha un protocolo de baleirado dos encoros para evitar a mortandade provocada pola caída drástica da salinidade, que fagan as dragaxes das rías necesarias e tomen medidas de control dos depredadores que atacan ao “pouco produto que hai”. Criticou que a Consellería “nega que exista un problema, e a realidade os está inundando a vostedes”.

Neste sentido, alertou da caída drástica de produción dende o ano 2019, que en especies como a ameixa babosa reduciuse a unha terceira parte, e que está a obrigar aos mariscadores a pechar a temporada a escasos días do seu inicio. Sinalou o fracaso da xestión do goberno galego, que chegou en 2009 con 6.500 permisos de marisqueo co obxectivo de chegar aos 8.000 e 14 anos despois “estamos case na metade, con apenas 3.600”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09