Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que a falla de persoal e de coordinación asistencial no servizo de Logopedia provoca “déficit asistencial, desorde e ineficiencia na xestión”

Julio Torrado sinala que a falla de profesionais obriga a “deixar tirados” aos pacientes por “directriz política” do Sergas

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, alertou hoxe da “falla de persoal e de coordinación e dirección profesional provoca déficit asistencial, desorde e ineficiencia na xestión”. O responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Sanidade do Parlamento na que alertou de que a baixa taxa de profesionais na sanidade pública galega obriga a “deixar tirados” aos pacientes por “directriz política”.

O responsable socialista presentou o caso paradigmático da familia atendida na Área Sanitaria de Pontevedra que se atopou coa alta da súa filla en contra dos informes clínicos, e que logo de reclamar volveron aceptala pero obrigando a pasar de novo pola lista de espera. Esta situación, dixo, é a mesma que viven moitos pacientes en Galicia que ven como a falla de recursos por parte do Sergas provoca a “perda de capacidade asistencial e de mellora” que estaban a recibir.

Torrado presentou os datos do Colexio Oficial de Logopedia de Galicia, que revelan que o sistema sanitario público ten menos de 20 logopedas contratados, cunha ratio de 0,65 por cada 100.000 habitantes, 38 veces menos que a media de 19 de España. Alertou de que esta situación supón que entre Lugo e Ourense tan só haxa un logopeda contratado.

O parlamentario socialista lamentou a falla de sensibilidade do director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, que respondeu á pregunta de hoxe intentando agochar os malos datos de Galicia empregando datos parciais e se demostrou “incapaz” de responder á petición formulada por Torrado para presentar datos completos.

Este “absoluto déficit”, subliñou, provoca derivacións ao sistema privado, que está concertado coa pública cun custe para os pacientes que non todos poden asumir, ademais da “absoluta descoordinación entre unha área sanitaria e outra”. Os profesionais, dixo, vense “incapaces de atopar na unha dirección con criterio e protocolos estandarizados”, e vense na urxencia de conceder altas rápidas para atender novos pacientes.

Alertou da situación laboral precaria das logopedas, un colectivo feminizado que de acordo co Ministerio de Ciencia e Universidade son as de menor salario e están entre as que teñen peores condicións laborais pola especial incidencia de contratos parciais e precarios. Reclamou o reforzo do persoal deste servizo e a mellora das condicións laborais como primeiras vías para a mellora dun servizo fundamental para boa parte da cidadanía.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38