Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista acusa á Xunta de empregar o verán como “oportunidade para facer recortes” na sanidade pública

Torrado denuncia “argumentacións volátiles e tristes” para xustificar os recortes e lamenta que o PP se negue no Parlamento a garantir a cobertura sanitaria nos meses de verán

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou hoxe ao Sergas de empregar os meses de verán como “oportunidade para facer recortes” na atención sanitaria. Torrado acusou ao PP de negarse a garantir a cobertura sanitaria neste período logo de que rexeitaran unha proposición non de Lei na Comisión de Sanidade que pedía precisamente garantir a cobertura dos profesionais de vacacións en xullo e agosto.

Lamentou as “argumentacións volátiles e tristes” ofrecidas onte polo conselleiro de Sanidade, que dicía que “as camas non se pechan”, obviando, sinalou Torrado, que “o que non hai é persoal para atendelas”. Alertou que “se os pacientes necesitan usalas van ter que ver vídeos de autocoidados en Youtube”, porque non haberá médicos nin enfermeiros para darlle atención, “coma se dicimos que as facultades están abertas no verán, pero non hai ninguén dando clase”.

Resumiu que “ninguén quita camas nos hospitais, pero non hai persoal” que sexan atendidos, o mesmo que “ninguén quita as consultas nin as camiñas nos centros de saúde, pero non hai persoal suficiente para atender aos pacientes”. O responsable socialista pediu hoxe que o Sergas manteña a plantilla de persoal sanitario garantindo a cobertura total das vacacións, cunha planificación específica que foi rexeitada polo PP.

Sanxenxo e O Grove

Torrado acusou á Consellería de Sanidade de reducir a atención sanitaria, provocando unha rebaixa no servizo que empregan como xustificación para recortar, provocando unha espiral artificial de recortes.

Criticou a volatilidade dos argumentos do goberno galego poñendo o exemplo das localidades de Sanxenxo e O Grove, cos centros de saúde a apenas 5 quilómetros un do outro. Mentres en Sanxenxo incrementan no verán cunha ambulancia asistencial e con ideas “peregrinas” como o de ofrecer pisos a médicos da privada, no concello limítrofe do Grove deixan prazas descubertas “dicindo que no verán aténdese menos”.

Lamentou que “o que nunca marcha de vacacións son as ganas do PP de recortar”, que demostran ano tras ano que son “moi eficientes ao recortar pero moi cicateros á hora de reforzar” o servizo cando é necesario.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38