Categorías: Actualidade

Noa Díaz urxe á Xunta a lanzar os novos títulos de doutoramento propostos polas universidades para o curso 2021-2022

A voceira de Cultura subliña que as propostas das universidades “están perfiladas” e darían a posibilidade de realizar doutoramentos a alumnado que ata o de agora non dispoñía deles no se centro

A socialista Noa Díaz vén de urxir á Xunta de Galicia a lanzar as novas propostas de doutoramento para o vindeiro curso 2021-2022. Fíxoo, hoxe, na Comisión de Educación do Parlamento, a través dunha pregunta á Secretaría Xeral de Universidades.

A responsable socialista sinalou que “estamos a mediados de marzo e nada sabemos sobre que vai pasar cos novos doutoramentos”, o que presupón que “podemos ir tarde para definir os títulos que deberan estar en marcha en setembro de 2021”.

Respectando o marco normativo primeiro, incidiu Díaz, durante 2020 as universidades galegas prepararon as súas propostas de programas de doutoramento para implantar o curso 2021-2022, que “presentaron en tempo e forma”. Pero, finalmente, lamentou, “a Secretaría Xeral de Universidades denegou todas as propostas aducindo que ía abrir un tempo de reflexión sobre o mapa de titulacións do Sistema Universitario Galego”.

Díaz subliñou que a denegación destas propostas “non se baseou en cuestións técnicas que determinasen deficiencias nos informes, senón unicamente na decisión de repensar o mapa de títulos”.

“Algúns dos títulos propostos polas universidades darían, por vez primeira, a posibilidade de realizar estudos de doutoramento a alumnado que ata o de agora non dispoñía destes estudos específicos no seu grao”, destacou a socialista, remarcando a importancia de axilizar o proceso para que os novos títulos de doutoramento sexan unha realidade este mesmo ano.

Finalmente, Díaz sinalou que o conselleiro de Universidades anunciou no último Pleno que, a partir de 2022, os campus galegos ían estrear novos graos e mestrados, “pero nada dixo dos títulos de doutoramento”, o que incrementou a “incerteza” dos departamentos das universidades e do seu alumnado.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23