Categorías: Actualidade

Noa Díaz leva ao Parlamento a deturpación do topónimo de Sanxenxo no cartel dun acto financiado pola Xunta

A portavoz de Lingua do Grupo Socialista, Noa Díaz, vén de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias sobre a participación da Xunta na promoción dun programa radiofónico de Jiménez Losantos dende a vila de Sanxenxo “no que inclúe a forma toponímica inexistente de Sangenjo”. Díaz alerta de que este nome figura xunto co logotipo oficial do Xacobeo 21 – 22 Galicia.

A responsable socialista considera “inaceptable que o Goberno galego sexa partícipe deste maltrato á nosa lingua, tanto por non ter sometido a control toda a publicidade sufragada con fondos públicos como para non actuar unha vez coñecido este atentado á nosa toponimia”. Apunta que precisamente esta “clara deturpación da nosa toponimia” resulta “máis grave, xa que conta co financiamento da Xunta de Galicia, concretamente do Xacobeo 21 – 22.

Explica que a toponimia é definida e protexida “como parte do noso patrimonio cultural inmaterial”, de acordo coa “extensa e indiscutible literatura normativa”, dende a Lei de Normalización Lingüística e os decretos que a desenvolveron, o Plan xeral de Normalización Lingüística de 2004, a Lei estatal de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial de 2015, ou a Lei de Patrimonio cultural de Galicia de 2016.

Por este motivo, conclúe Díaz, “sorprenden na actualidade determinadas manifestacións que se levan producindo no ámbito publico sen que o Goberno galego tome ningunha medida contundente ao respecto”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32