Categorías: Actualidade

Noa Díaz insta á Xunta á construción dun novo centro de saúde en Negreira

Pide ao Executivo galego que consigne no orzamentos do vindeiro unha partida para esta infraestrutura para asegurar unha asistencia sanitaria “de calidade” para a “cada vez maior” poboación asistencial do concello

A deputada socialista Noa Díaz vén de instar á Xunta á construción dun novo centro de saúde en Negreira, polo que pediu que se consigne unha partida específica para esta cuestión nos orzamentos autonómicos do vindeiro ano e asegurar así unha asistencia sanitaria “de calidade” para a súa “cada vez maior” poboación asistencial. Fíxoo, hoxe, despois de presentar unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia neste sentido.

“A falla de espazo no centro de saúde de Negreira, que conta cun Punto de Atención Continuada (PAC) e dá acubillo á súa veciñanza e á dos concellos da Baña e Brión, está a provocar graves disfuncións que afectan á normal organización do traballo e á correcta asistencia das persoas doentes”, alertou a dirixente socialista.

Así, sinalou, “a traballadora social de recente incorporación tivo que ser emprazada na zona do PAC, ao igual que a matrona ou a sala de analíticas, tendo que modificar os seus horarios para poder realizar a desinfección necesaria antes de comezar co servizo de urxencias”. Ademais, engadiu, “as mulleres de Negreira teñen que se trasladar ata Brión para realizaren a preparación do parto por non ter unha sala axeitada no seu concello”.

Máis recentemente, destacou, “houbo que declinar o ofrecemento para o centro de saúde dunha enfermeira adxunta ao servizo de Pediatría, xa que non atopaban espazo onde situala e, se a iso se lle suman salas de agarda comúns para todos os servizos da Primaria, nun interior e practicamente sen ventilación, resulta un centro deficitario e con nulas opcións de mellora”.

No marco do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria que ten en marcha a Xunta, Díaz pediu ao Executivo galego que inclúa a construción dun novo centro de saúde en Negreira cando ademais “o concello xa amosou a súa disposición a cederlle ao Sergas unha parcela municipal emprazada a carón do actual centro de saúde”.

“A atención ás comarcas rurais e a loita contra o seu despoboamento pasa polo mantemento e consolidación dos servizos básicos e, especialmente, da Atención Primaria, e en maior medida en zonas nas que existe un problema demográfico”, concluíu a socialista.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27