Categorías: Actualidade

Noa Díaz denuncia que a Xunta leva incumprindo a Lei Paz Andrade nos seus sete anos de vixencia

A portavoz de Lingua do Grupo Socialista, Noa Díaz, denunciou hoxe que a Xunta está a incumprir cada un dos 5 artigos da Lei Valentín Paz Andrade de fomento los lazos co mundo da lusofonía. Na comparecencia do director xeral de Política Lingüística hoxe no Parlamento advertiu de que “xa van 7 anos dende a aprobación da Lei e xa van 7 anos de incumprimento”.

Díaz lamentou a “falla de accións concretas de cara a mellorar as relacións cos países lusófonos, pasividade do goberno galego á hora de facer valer o exposto na Lei Paz Andrade, incumprindo o seu compromiso co impulso do portugués nos nosos centros de ensino e no relativo ás relacións con países lusofalantes”. Advertiu do “desinterese do noso goberno polo mundo da lusofonía e falla de impulso das relacións culturais, políticas e económicas” co importante mercado lusófono.

A responsable socialista instou ao goberno galego a “ser conscientes dos beneficios culturais, sociais e económicos que para Galicia tería unha verdadeira política de relación cos países lusófonos”.

Criticou en primeiro lugar que o goberno galego intente facer pasar a comparecencia do director xeral pola súa obriga de presentar anualmente un informe en relación ao cumprimento desta Lei, no que consten as accións levadas a cabo, o seu custe e as previsións para o próximo exercicio. Subliñou que “non é unha dación de contas, é a explicación dun informe pormenorizado dun informe que non existe nin existiu”.

Coñecemento do portugués

A Lei tamén establece a promoción do coñecemento da lingua portuguesa e das culturas lusófonas, sen que ata o momento o goberno galego “promovera acción algunha para promover o coñecemento da lingua portuguesa nin da cultura lusófona”. Isto é así, explicou, “por mais que que se apliquen en accións espalladas no tempo e con escasa conexión entre elas, sen que doten dun corpus de colaboración entre as dúas culturas”.

Tamén incumpriron o obxectivo de incorporar a aprendizaxe da lingua portuguesa no ámbito das linguas estranxeiras nos centros de ensino. Alertou de que, ao contrario que en Galicia, o cen por cen dos estudantes de Estremadura teñen acceso á aprendizaxe desta lingua, e por iso as cifras dos que escollen o portugués como segundo idioma multiplican por 6 ás de Galicia.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27