Categorías: Actualidade

Noa Díaz denuncia “conivencia” da Xunta coa concesionaria da mina de Casalonga “para convertela nun vertedoiro”

A parlamentaria socialista Noa Díaz vén de denunciar a “conivencia” da Xunta coa empresa concesionaria da mina de Casalonga para “converter a explotación nun vertedoiro”. A responsable socialista visitou hoxe a mina, onde presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que garanta a protección e recuperación ambiental da canteira.

A responsable socialista mantivo hoxe un encontro cos representantes da Plataforma Casalonga Limpa de Resiudos, no que participaron os alcaldes dos concellos limítrofes de Ames -Blas García- e Brión –Pablo Lago-, así como a portavoz do PSdeG no Concello de Teo, Uxía Lemus. Díaz presentou unha batería de iniciativas para que a Xunta dea conta do seu desleixo fronte ao vertido incontrolado de residuos nas parcelas da canteira con déficit absoluto de seguridade na zona.

Noa Díaz acusou ao goberno galego de “poñérllelo todo fácil á empresa”, que logo de 2,5 anos sen actividade extractiva, e cando “tiñan que producir a caducidade da actividade mineira”, o que fixeron foi decretar a súa suspensión cautelar porque “parece molestarlles que de vez en cando haxa veciños da Plataforma na zona”.

Pediulle ao goberno galego que faga unha nova Declaración de Impacto Ambiental –DIA- da explotación, logo de que a Xunta dixera no seu día que tiña que presentar un informe detallado da fauna e flora, pero que “quedou en nada”. Denuncia así que a Consellería de Medio Ambiente permita que o Plan de Restauración presentado pola empresa saia adiante baseado nunha DIA de 2001.

Lembrou que os informes reflicten a situación da zona hai 20 anos, e considera “cando menos curioso que a Xunta non teña en conta o cambio absoluto da contorna”, obviando que neste período a lo menos foron creadas dúas lagoas naturalizadas con ecosistemas completos asentados que non existían cando foi redactado o plan de restauración de 1998.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27