Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Martín Seco lamenta que a comarca de Ortegal estea “desaparecida” dos orzamentos da Xunta de Feijoo para 2022

Di que as contas son a evidencia de que do Partido Popular “renuncia a facer política e a atender as necesidades da cidadanía na zona”

O parlamentario socialista Martín Seco cualifica os Orzamentos da Xunta de Galicia do 2022 como “unha renuncia do PP de Feijóo a facer política nos concellos da comarca de Ortegal”.

Os municipios da zona, afirma, “desaparecen das contas do goberno galego nas que os concellos de Ortigueira, Cedeira, Mañón e Cerdido teñen cero euros nas partidas de inversións”, e apenas aparecen “un par de pequenas partidas en Cariño, malia as necesidades dunha cidadanía que segue sen ter a un goberno que poña o foco nuns concellos esquecidos nestes 12 anos do goberno do PP”.

Seco sinalou o “abandono que senten os concellos dunha comarca que sufre un duro proceso de desindustrialización e perda de postos de traballo, mentres a Xunta, coas competencias en materia industrial mira para outro lado e renuncia a xerar riqueza e atraer proxectos de futuro para a súa cidadanía”.

Engade, ademais, que “os concellos séntense sos cando teñen que asumir as competencias que deberan de ser propias da administración autonómica, en servizos sociais, educación e sanidade, e que minoran a capacidade dos concellos para poder axudar a veciñanza”.

Esta situación, dixo, vese “multiplicada pola falla de investimento duns orzamentos que non actúan para fixar poboación no noso rural, non avanzan nas infraestruturas necesarias para darlle competitividade ás nosas empresas e portos, non actúan no desenrolo turístico e industrial e nin tan sequera dan solución os múltiples problemas coa xestión do saneamento das augas que verten os nosos concellos”.

O deputado socialista Martín Seco salientou que “unha vez máis introducen unha partida menor para a construción da Vía de Alta Capacidade Costa Norte que volven a demorar para exercicios posteriores”, que é, dixo, “o mellor signo da falla de compromiso da Xunta de Galicia por facer realidade unha infraestrutura vital para a cidadanía e as súas empresas”.

Estas contas, sinalou, “continúan a adiar a finalización da Residencia de Maiores de Cariño,  a construción dun Centro de Día en Cedeira, a rehabilitación integral do CEIP José María Lage en Ortigueira, a renovación exterior do CEIP A Barqueira de Cerdido ou a rexeneración da ría do Barqueiro –Mañón-.

Subliñou que estas ausencias “falan do abandono do Ortegal pola Xunta de Galicia, que só introduce un par de pequenas partidas para melloras no saneamento de dous concellos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38