Categorías: Actualidade

Martín Seco esixe no Parlamento que a Xunta paralice o caso de “nepotismo” do nomeamento dun ex deputado do PP como subdirector do Agader

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Martín Seco, presentou hoxe en Comisión parlamentaria unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que paralice o nomeamento do ex deputado do PP Moisés Blanco Paradelo como subdirector do Agader para as relacións coas GDR. Seco presentou esta proposta fronte ao caso de “nepotismo” na Consellería de Medio Rural, que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista acusou ao conselleiro do Medio Rural de “amañar un proceso selectivo para adaptalo ao dedillo a un compañeiro de partido” e garantirlle “unha saída laboral ben remunerada logo de quedarse fora do Parlamento nas últimas eleccións autonómicas”. Seco sinalou que “estamos a tempo de que lles entre un pouco de sentido do ridículo” e recuperar “un pouco de pulcritude” e “decencia”.

Sinalou que “a sociedade non está para tomaduras de pelo” e o rural galego “non pode permitirse converter á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural –Agader- nun chiringuito para a colocación de amigos”. Reclamou por iso que deixen deserta a convocatoria e reinicien o proceso de selección cunhas novas bases para “elixir ao traballador público coa mellor cualificación técnica e atendendo aos principios de mérito e capacidade”.

Requisitos amañados

Martín Seco explicou que a praza de subdirector do Agader fora asignada premiando criterios “insólitos” como posuír titulacións diferentes ás esixidas na convocatoria, a asistencia a cursos que non tiñan que estar homologados nin vencellados ao sector, ou aportar experiencia no ámbito da docencia. Nada que ver, sinalou, coa experiencia na xestión de subvencións, gasto público ou tramitación administrativa, e moito menos ter coñecemento acreditado no desenvolvemento rural.

Desta volta, dixo, a convocatoria da praza de subdirector xeral para as relacións cos grupos de desenvolvemento rural tense afastado dos criterios de convocatorias anteriores, onde se esixía un amplo bagaxe formativo e profesional. De feito, explica, chegaron a eximir da acreditación do coñecemento da lingua galega, e incluso pediron un informe á dirección xeral de función pública para que puidese ser cuberta por alguén que non fora empregado público.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29