Categorías: Actualidade

Martín Seco denuncia a “caótica desregulación” do sector da fontanería en Galicia e urxe á Xunta a obrigatoriedade do rexistro de empresas e instalacións

Lamenta a oposición do PP á iniciativa cando a Xunta “abandonou” ao sector, o que produciu un “aumento exponencial” da economía mergullada, do intrusismo profesional e da falla de garantías para as e os consumidores

O voceiro do Grupo Socialista, Martín Seco, vén de denunciar a “caótica desregulación” do sector da fontanería en Galicia. Fíxoo, hoxe, coa presentación dunha proposición non de lei na Comisión de Industria do Parlamento na que pediu “modificar” o decreto actual para actualizar a normativa en materia de seguridade industrial na comunidade que permita un “control efectivo” deste sector. A iniciativa foi apoiada polo BNG e rexeitada polo PP.

Neste marco, Seco pediu que se adapte o decreto actual á “obrigatoriedade” do rexistro de empresas e instalacións de fontanería, tal e como xa ocorre noutras comunidades autónomas e estados da Unión Europea.

Baixo esta premisa, o responsable socialista censurou que o goberno galego manteña unha “inexplicable” postura política nesta cuestión, en vez de técnica, de xeito que establece un rexistro voluntario de empresas e instalacións, “unha solución a todas vistas inadmisible e improcedente”.

Esta “problemática legal” provocou, incidiu Seco, un “aumento exponencial” da economía mergullada que se traduce en “persoas non dadas de alta a efectos tributarios e tamén na Seguridade Social”; na “falla de cualificación profesional” suficiente no sector ou nunha carencia de garantías para as consumidoras e consumidores, xa que algúns “non teñen seguro de responsabilidade civil, non emiten factura ou non reúnen uns mínimos de calidade”.

Con todo, o dirixente socialista denunciou que isto repercute nos profesionais do sector que cumpren escrupulosamente a lei, pero tamén na cidadanía en xeral e na propia administración. Por iso, subliñou, “a regulación” é a única medida para liquidar esta problemática no sector.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38