Categorías: Actualidade

Marina Ortega amosa o seu apoio a Fademga logo de coñecer que Galicia “é unha das tres únicas comunidades autónomas que non vacinou ao colectivo de persoas con discapacidade intelectual”

Propón ao goberno galego que asuma os sobrecustos aos que fixeron fronte as entidades que prestan servizos directos dependentes de Política Social no ámbito da discapacidade intelectual

A voceira de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, mantivo hoxe unha xuntanza no Parlamento de Galicia co director xerente de Fademga Feamps Galicia, Antonio Fuentetaja, para abordar as necesidades especiais das persoas con discapacidade intelectual en relación á covid e logo de que o PSdeG presentase unha batería de iniciativas na Cámara galega para instar á Xunta a que vacine a este colectivo.

“Galicia é unha das tres únicas comunidades autónomas, xunto a Castela León e Madrid, que aínda non vacinou ao colectivo de persoas con discapacidade intelectual” que se atopa en centros ocupacionais ou de atención diúrna, denunciou a voceira socialista, logo de instar ao goberno galego a “atender as demandas con respecto á vacinación” deste colectivo.

Así, incidiu, “a Xunta, o seu presidente ou mesmo a Consellería de Política Social, deben recibir a este colectivo, reunirse para explicar debidamente cales son os motivos e como se pode subsanar esta situación canto antes para que estas persoas poidan ser inmunizadas”, reivindicou Ortega.

Ademais, Ortega propón a Política Social a asumir os sobrecustos aos que fixeron fronte as entidades que prestan servizos directos dependentes desta consellería no eido da discapacidade intelectual cando estas cuestións “son a súa competencia” e, para cumprir a normativa vixente en materia de prevención da covid, as entidades víronse obrigadas a afrontar gastos extraordinarios.

Nesta liña, a responsable socialista subliñou que a situación, amais de repercutir nun incremento do gasto para as entidades, ten consecuencias “emocionais” para un colectivo “que continúa con restricións moi duras que a maior parte da cidadanía xa superou hai meses”, polo que “por ser un colectivo cunha vulnerabilidade engadida deberían ser atendidos canto antes”.

ANTONIO FUENTETAJA

Pola súa banda, o director xerente de Fademga Feamps Galicia, Antonio Fuentetaja, cualificou de “urxente necesidade” que a persoas con discapacidade intelectual sexan vacinadas, unha vez que se tiveron que facer “protocolos estritos” para reabrir os centros ocupacionais e de atención diúrna tralas primeiras ondas da pandemia nas que estiveron pechados.

Nesta liña, Fuentetaja, sinalou que esta poboación “tería que estar vacinada hai tempo” e máis cando estamos a falar, agora mesmo, dun colectivo de “1.700-1800 persoas”, xa que a algúns dos usuarios ou usuarias “xa foron vacinados segundo o criterio de idade”.

“Demandamos que se tome xa unha decisión urxente e se vacine a todas aquelas persoas que acoden a estes centros” para que esta lles permita ter “unha vida máis normalizada”, sentenciou. Así, destacou que “o criterio de idade da vacinación pode ser flexible se hai vontade política”, unha vez que “se están plantexando excepcionalidades ás regras”, “se teñen vacinas gardadas” ou “se está plantexando o tema da xente que vai de vacacións, se se pode vacinar nun lado ou noutro”.

A situación, sinalou, está a xerar “tensións” e “inquedanzas” nas familias porque “mandan aos seus fillos xunto a uns compañeiros que están sen vacinar”.

Por último, o responsable de Fademga Feamps Galicia lamentou os “sobrecustes elevadísimos” ás que están sometidas ás entidades, un gasto extraordinario en persoal, equipos de protección individual ou limpeza, que sumando a todas as entidades e centros de día, estimou, se atopa “preto dun millón de euros”. “Se se consegue vacinar a este colectivo, baixarían estes sobrecustes”, sentenciou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05