Categorías: Actualidade

Luis Álvarez urxe a Feijóo que deixe “as ocorrencias” e se reúna con Formoso: “É hora de que retorne a tempo completo a Galicia”

O voceiro parlamentario do PSdeG censura a falla de “planificación coñecida” e dun “plan global” por parte da Xunta para abordar os “problemas graves” derivados da guerra en Ucraína

O dirixente socialista critica a campaña de Feijóo chea de “incongruencias”, “dislates” e “populista” coa que “anda por aí deixándonos en evidencia a todas e todos os galegos”

O voceiro parlamentario do PSdeG, Luis Álvarez, urxiu hoxe a Feijóo que deixe “as ocorrencias” e se reúna co secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, quen lle solicitou a semana pasada unha xuntanza para abordar os “problemas graves” derivados da guerra en Ucraína.

“É hora de que Feijóo retorne a tempo completo a Galicia”, sentenciou o dirixente socialista, quen pediu unha resposta “corresponsable” e “coordinada” por parte do goberno do Estado e da Xunta despois de que o PSdeG presentase a pasada semana unha proposta concreta cun decálogo de medidas para afrontar a situación actual.

Ao fío disto, Álvarez denunciou a falla dunha “planificación coñecida” por parte da Xunta que, en vez de abordar a cuestión como un “plan global”, anuncia “unha sorte de axudas inconexas, que se venden, iso si, de forma espectacular, pero que non van dar solución a un problema extraordinariamente complexo”.

“A única solución que está a plantexar a Xunta e que se solucionen os problemas a nivel europeo e estatal, como se a Xunta non tivese ningunha competencia”, censurou. Así, incidiu, malia que as medidas inicialmente propostas son “acertadas”, a día de hoxe “non son suficientes”.

O DECÁLOGO DE PROPOSTAS DO PSdeG

Neste marco, o socialista reivindicou a necesidade de impulsar unha redución das peaxes de titularidade autonómica e complementar as axudas que están a recibir as e os profesionais do transporte dentro das concesionarias para minimizar o impacto dos custos.

Ademais, pediu un plan de axudas para persoas autónomas e profesionais para compensar os custes dos transportes; así como un paquete de axudas urxentes para costear a alza de combustibles nos sectores da pesca, agricultura e gandería.

Con todo isto, chamou a que se impulse un cambio na regulación do mercado eléctrico que faga posible desvincular o prezo da enerxía eléctrica co do gas, cuestión sobre a que o goberno do Estado, “mal que lle pese ao señor Feijóo”, “xa levaba anunciado semanas” a necesidade de que se impulsasen modificacións deste tipo a nivel europeo.

Neste sentido, Álvarez urxiu tamén ao Executivo galego a que rebaixe o tramo autonómico do IRPF, “ao igual que está facendo a Xunta, e con razón, ao demandar unha redución de impostos” ao goberno de España.

A CAMPAÑA ELECTORAL DO PP DE FEIJÓO

Unha vez rematada a campaña electoral do PP, Álvarez urxiu ao presidente da Xunta que “retorne a tempo completo a esta comunidade autónoma, despois de ter asistido a unha campaña chea de dislates e ocorrencias populistas para dicir en cada territorio o que cada territorio quere oír”.

“Feijóo anda por aí deixándonos en evidencia a todas e todos os galegos”, sentenciou tras recordar que “cando fala de que quere irse a vivir a Madrid porque é a terra da liberdade parece estar dicindo que en Galicia non existe liberdade e o problema desa afirmación é que Galicia leva 13 anos gobernada polo señor Feijóo”, polo que “se non hai liberdade en Galicia e ten que ir buscala a Madrid, é porque el mesmo xerou este escenario”.

Neste sentido, lamentou “as barbaridades” e  “o fregado” no que se meteu ao abordar a cuestión da violencia vicaria ou ao dicir “que os políticos que inauguran hospitais sen pagalos deberían dimitir” cando en Galicia inaugurou o Hospital Álvaro Cunqueiro e “temos canon para 20 anos”.

“Énchese a dicir que en política non se pode mentir e é difícil encontrar un contexto no que diga a verdade de forma irrebatible”, sentenciou o socialista, tras sinalar que as “incongruencias” forman parte “da forma de entender a política” de Feijóo.

A RESPOSTA DO GOBERNO CENTRAL Á PROBLEMÁTICA DERIVADA DA GUERRA

Por último, Álvarez aplaudiu a resposta do goberno central á problemática derivada da guerra en Ucraína, xa que “está acertando” á hora de dar unha “resposta seria, sosegada, coherente e consensuada cos sectores implicados”. “A situación é moi complicada e require de reunións e dun proceso de escoita activa para saber que demandan os implicados e que soluciones artellar”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09