Categorías: Actualidade

Luis Álvarez tende a man do PSdeG a Rueda, pero advírtelle que “ten que mudar absolutamente o xeito de facer política de Feijóo, meramente propagandístico”

O voceiro parlamentario do PSdeG lamenta o “rebrote dun BNG cun discurso propio de décadas atrás no que se fala inexplicablemente de colonialismo, involución do Estado e retorno ao centralismo que non ten nada que ver coa realidade”

O dirixente socialista traslada a súa “preocupación” pola “axenda oculta de Feijóo” e ínstalle a que faga público o contido das conversas con Abascal

O voceiro parlamentario do PSdeG, Luis Álvarez, tendeu hoxe a man do PSdeG a Rueda tras evidenciarse que será o vindeiro presidente da Xunta de Galicia, pero advertiulle que “ten que mudar absolutamente o xeito de facer política de Feijóo, meramente propagandístico”.

“O importante son os problemas dos galegos e galegas, non as estatísticas nin pintar unha realidade para a opinión pública que nada ten que ver coa realidade social actual”, sinalou o dirixente socialista, quen lle pediu que teña “ambición” para “cambiar os erros de Feijóo” e paliar a “falla de medidas” tomadas neste tempo.

Neste marco, Álvarez lamentou a “herdanza nefasta” para Galicia que deixa Feijóo tras trece anos de goberno cunha Atención Primaria “colapsada”, co peche de máis de 100 centros educativos, cunha “importante” desindustrialización da comunidade autónoma ou cun endebedamento “en aumento”.

Con todo, lamentou que “o PP de Rueda” vén de opoñerse a desenvolver un plan de actuación contra a pobreza e a exclusión social en Galicia cando na nosa comunidade autónoma “hai practicamente 700.000 persoas en risco de pobreza ou exclusión social, o que supón case un 26% da poboación, é dicir, un de cada catro galegos e galegas está nesta situación”, un 39.000 máis que o ano pasado.

A “MAQUILLAXE DA REALIDADE SOCIAL” DE GALICIA

O socialista cuestionou tamén a “maquillaxe da realidade social” de Galicia por parte do PP ao ter “case 10.000 solicitudes de dependencia que non están en ningunha estatística oficial polo mero feito de non estar nin rexistrados nos sistemas informáticos” ou a suposta exención de taxas portuarias anunciadas en marzo pola Xunta “con todo luxo de fanfarrias”, pero que a día de hoxe seguen sen estar vixentes, malia que se trata dunha competencia exclusiva do Executivo galego.

“O PP négase a tomar ningún tipo de medida”, sinalou Álvarez. Fronte a isto, subliñou, o goberno do Estado vén de aumentar o número de perceptores do bono social eléctrico en Galicia en 20.500 persoas, subindo os límites de renda para ser perceptor desta axuda e incorporando de forma automática aos perceptores do Ingreso Mínimo Vital.

O DISCURSO DE AUTODETERMINACIÓN DO BNG: “FÓRA DO ENFOQUE REAL DE RESOLVERPROBLEMAS”

Preguntado pola participación de membros do BNG na manifestación pola autodeterminación celebrada onte en Santiago, Álvarez lamentou o “rebrote do BNG dun discurso máis propio de décadas atrás no que se fala inexplicablemente de colonialismo, involución do Estado e retorno ao centralismo, que nada ten que ver coa realidade”.

“Calquera manifestación que nos leve a un escenario previo á caída do Muro de Berlín está fóra do enfoque real de resolver problemas”, sentenciou Álvarez, quen lembrou que agora mesmo estamos falando dunha “triloxía de políticas autonómicas, estatais e europeas” para tentar solucionar os problemas da cidadanía.

PREOCUPACIÓN POLA “AXENDA OCULTA DE FEIJÓO”

Por último, o dirixente socialista amosou a súa “preocupación” pola “axenda oculta de Feijóo” e pediulle “que faga público o contido das conversas con Abascal”, xa que estas poden afectar “de forma evidente” ao desenvolvemento das políticas públicas que pretenden levar a cabo. “Hai nesas conversas unha quebra do estado do benestar?”, cuestionou Luis Álvarez.

“Van cuestionarse pensións, a dependencia ou medidas de protección social que está poñendo en práctica sistematicamente o goberno do Estado?”, preguntou o socialista, quen chamou a Feijóo a apostar pola “transparencia” e explicar o seu rumbo como líder do PP a nivel estatal, como por exemplo, “se ten a intención” de apoiar un desacoplamento das pensións do incremento do IPC.

“Todos sabemos que ocorreu durante os anos de Rajoy no goberno do Estado cun incremento de pensións inexistente na practica”, incidiu, polo que é preciso que Feijóo desminta esta cuestión “de forma contundente”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32