Categorías: Actualidade

Luis Álvarez preguntaralle a Rueda polo fracaso da política de Vivenda da Xunta, que deixou a Galicia como a última autonomía en creación de vivenda protexida do Estado

O portavoz do Grupo Socialista anuncia que no próximo Pleno farán que o PP vote unha proposta contra á práctica dos ventres de alugueiro

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, criticou hoxe o fracaso da política de vivenda do goberno galego, que centrará a sesión de control ao presidente do Pleno do Parlamento da próxima semana. O responsable socialista compareceu logo da Xunta de Portavoces do Parlamento presentou as iniciativas que levarán á sesión plenaria da próxima semana.

Álvarez advertiu que o desleixo do goberno galego dende a chegada do PP á Xunta situou a Galicia como última Comunidade Autónoma do Estado na creación de vivenda protexida, e sinalou que mesmo ten deixado sen executar máis de 400 millóns de euros destinados á vivenda nos últimos 12 anos de goberno de Feijóo e Rueda no goberno galego.

O responsable socialista afeoulle a PP e ao goberno galego que a súa única estratexia sexa “converterse en ariete disparando contra o goberno central e contra a administración local”, na súa “teima por buscar culpables fora”. Lembroulle ao presidente da Xunta as competencias propias das que dispón o goberno galego e reclamoulle que faga “unha análise obxectiva” da situación e presente “medidas para corrixir” as consecuencias provocadas polo seu desleixo nos últimos anos.

Os socialistas galegos presentarán ademais unha proposición non de Lei para que o PP retrate co seu voto a súa posición con respecto á práctica dos ventres de alugueiro, logo de que furtaran no último Pleno unha declaración conxunta en contra dunha práctica prohibida pola lexislación española porque “o PP non está de acordo”. Lembra que este tipo de xestación é nula de pleno dereito no Estado e que ademais “cosifica o corpo das mulleres”.

O PSdeG reclámalle á Xunta que se dirixa ao goberno do Estado para pedirlle que reforce as garantías fronte a esta práctica prohibida, e que estude o endurecemento das sancións fronte a axencias que poidan estar levando a cabo contratos de ventres de alugueiro dende España con terceiros países.

O Pleno da próxima semana incluirá ademais unha pregunta oral para reclamarlle á conselleira do Mar que asuma a súa “responsabilidade clarísima” no conflito da mexilla, logo de “medidas erráticas e equivocadas tomadas hoxe e corrixidas pasado mañá”. Esta xestión, dixo, ten “provocado unha tensión absolutamente innecesaria coa Consellería do Mar como único responsable”.

Incendios forestais

Os socialistas galegos presentarán unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que execute xa as tarefas de prevención fronte aos incendios forestais, incluíndo o deseño dos plans de autoprotección e evacuación dos núcleos en situación de risco. Advertiu que “xa vamos tarde” para tomar medidas fronte aos incendios forestais, logo dos lumes rexistrados a finais de marzo en Lugo e Ourense, e reclamou un documento cos éxitos e os erros da súa xestión.

Finalmente, incluirán unha Interpelación para reclamarlle á Xunta que leve adiante o segundo Pacto Local galego, logo de 17 anos da anterior edición deste acordo baixo o goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño. Criticou a negativa do PP e do goberno galego a este acordo porque “prefire un financiamento dos concellos sometida e subsidiada con criterios nada obxectivos”.

O Pleno tamén incluirá unha moción dos socialistas galegos para reclamarlle á Xunta que dea conta do destino dos 2.472 millóns de euros dos fondos Next Generation EU transferidos polo Estado a través do Fondo de Recuperación, así como dos 422 millóns de euros procedentes do Plan REACT EU.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23