Categorías: Actualidade

Luis Álvarez esixe o relevo “inmediato” na Xunta, xa que Galicia ten un “goberno interino no peor momento” que é “incapaz de tomar medidas concretas e tanxibles”

O voceiro parlamentario do PSdeG critica o “dedazo” de Feijóo: “a gobernabilidade de Galicia non depende das galegas e galegos, senón dos problemas internos de encaixe de cotas de poder das baronías por parte do PP de Galicia”

O dirixente socialista destaca que se abre “unha ventá de oportunidade para un cambio na Xunta en 2024”, xa que o PP “ten enfronte un PSdeG propositivo” e “cunha forma distinta de gobernar”

O voceiro parlamentario do PSdeG, Luis Álvarez, esixiu hoxe o relevo “inmediato” na presidencia da Xunta de Galicia, xa que a comunidade se atopa “cun goberno interino no peor momento” que é “incapaz de tomar medidas concretas e tanxibles” ante a crise actual.

“Queremos saír desta situación de interinidade porque é o peor exemplo de Feijóo, que se presenta como alternativa ao goberno do Estado, como líder futuro da oposición, pero plantexando solucións para o Estado que non é capaz de implementar minimamente na comunidade autónoma”, evidenciou o dirixente socialista, como é o caso das rebaixas fiscais, que en Galicia “non é capaz de concretar”.

Así, lamentou, “dous meses despois de que se iniciase a crise do PP a nivel nacional, en Galicia seguimos sen goberno” nun escenario no que mesmo os propios responsables da Consellería de Sanidade “afirman que a Atención Primaria non se vai recuperar ata 2023” porque existe un “problema estrutural na sanidade pública galega” ou onde temos un problema de cobertura das baixas de docentes, xa que cando un profesor se pon de baixa na educación pública, o alumnado está “sen substituto durante dúas semanas enteiras”.

“A gobernabilidade de Galicia non depende das galegas e galegos, senón dos problemas internos de encaixe de cotas de poder das baronías por parte do PP de Galicia”, censurou o responsable socialista, quen criticou o “desgoberno” que vive Galicia cando as conselleiras e conselleiros “non saben se van seguir” despois do relevo na presidencia do Executivo galego.

“UN APARATO POLÍTICO” PARA “LEXITIMAR” UN “DEDAZO”

En canto ao Congreso do PP de Galicia, Álvarez sinalou que “foron capaces de artellar un aparato político entorno a un dedazo para lexitimalo”. Malia que parece que chegaron a un acordo, incidiu, “as negociacións non deberon de ser doadas porque hai un pacto de silencio entre os baróns provinciais”.

Sobre o posible nomeamento de Rueda como presidente da Xunta, incidiu en que este, malia ser lexítimo, “será un fraude para as galegas e galegos” e “se non fai unha viraxe absolutamente imprescindible nas políticas ata este momento do PP, vai ser tristemente máis do mesmo e seguirá sen resolver o problemas desta comunidade autónoma” que se atopa, despois da acción do goberno do señor Feijóo, con “máis débeda pública e menos servizos públicos”.

Con todo, concluíu, “Feijóo vai quedar en evidencia diante de toda España como un líder incoherente, que ten un márketing impresentable pero eficaz, e que, na práctica, detrás de prácticas baleiras, non hai acción política coherente que dea solución factible aos problemas da cidadanía”.

ÁBRESE “UNHA VENTÁ DE OPORTUNIDADE PARA UN CAMBIO NA XUNTA EN 2024”

“As expectativas non son boas e imos seguir sufrindo o mesmo tipo de políticas”, sentenciou. Con todo, o socialista sinalou que a designación de Rueda “é un pacto transitorio”, xa que “nada garante que sexa candidato en 2024”.

Neste marco, destacou que se abre “unha ventá de oportunidade para un cambio na Xunta en 2024”, xa que o PP “ten enfronte un PSdeG propositivo” e “cunha forma distinta de gobernar”. Así, lembrou que, fronte á inacción do goberno do PP, o PSdeG leva “semanas” ofrecendo “propostas políticas de país”, como un pacto eólico ou a reforma da atención primaria.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23