Categorías: Actualidade

Luis Álvarez empregará a última sesión de control do ano para facer balance da falla de resposta de Rueda ás necesidades de Galicia durante esta Lexislatura

O portavoz do Grupo Socialista salienta que a asistencia de Sánchez á Convención Política respaldando a Besteiro fará desta cita un “punto de inflexión para marcar a ruta que leve ao PSdeG a liderar o goberno da Xunta”

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, utilizará a última sesión de control ao presidente deste ano para facer balance da falla de respostas eficaces do goberno galego ás necesidades de Galicia durante esta Lexislatura. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces do Parlamento, que fixou a orde do día do Pleno que se celebrará a próxima semana, e que, sinalou, ten moitas probabilidades de que sexa o último antes da convocatoria electoral.

O responsable socialista reclamaralle a Rueda que dea conta da súa xestión logo dunha Lexislatura na que Galicia sae “moi mal parada” en tódolos indicadores socioeconómicos con respecto ao resto das comunidades autónomas. Álvarez intervirá nesta sesión de control nunha sesión plenaria que comezará co debate final dos Orzamentos da Xunta que confirman a “falla de orientación e ausencia de solucións por parte do goberno galego de cara a 2024”.

Dixo que estes Orzamentos “non son os que Galicia necesita” logo dun debate no que o PP rexeitou as 73 emendas presentadas polos socialistas ao Proxecto de Lei de Orzamentos, as 715 emendas parciais ao estado de gastos, e as 32 emendas presentadas á Lei de Acompañamento. Si algo confirman estas contas, dixo, é que o PP “deu por finiquitada a Lexislatura” cando presentou un proxecto con “medidas claramente electoralistas”.

Álvarez salientou que o previsible adianto electoral dará unha maior relevancia á participación do presidente do goberno na Convención Política do PSdeG desta fin de semana para respaldar o proxecto do candidato socialista, José Ramón Gómez Besteiro, para unha nova Galicia. Puxo en valor a presenza de Pedro Sánchez o sábado en Galicia, logo de confirmar hoxe que poderá desprazarse á capital galega a pesares da súa intensa axenda europea.

O portavoz socialista apuntou que esta cita, xunto coa intensa axenda política despregada por Besteiro dende a súa designación, marcará un “punto de inflexión” que “marcará a ruta para que o PSdeG lidere o goberno da Xunta logo das próximas eleccións autonómicas.

Iniciativas

Luis Álvarez presentou as iniciativas que os socialistas galegos presentarán no último Pleno do Parlamento do ano, que incluirán unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que mude o sistema de cómputo das lista de espera na sanidade. Actualmente, e tal e como revela o Consello Consultivo, as persoas que aínda non teñen cita médica non son contabilizadas como pacientes en espera co que os datos feitos públicos “non son reais”.

Tamén presentarán unha interpelación para que a Xunta explique que fixo coa partida enviada polo Estado para crear 1.139 prazas gratuítas de educación infantil. Lembrou que Galicia recibiu 18 millóns de euros dentro do Plan de Mellora do sistema educativo, dentro dos cales había unha partida específica de 7,45 millóns de euros para reforzar as escolas infantís, logo de que a Xunta amosara a súa “dobre vara de medir” coas escolas que dependen dos concellos.

O Grupo Socialista incluíu de novo unha pregunta oral para que a Xunta “explique con claridade que hai detrás da creación da empresa Recursos de Galicia” para xestionar os recursos naturais. Lembrou que tanto Rueda como a conselleira responsable se amosaron “extraordinariamente nerviosos” diante da pregunta dos socialistas galegos, polo que volverán reclamar que expliquen se o ente galego “será pública, privada ou en réxime público sometida a dereito privado”.

Finalmente, presentarán dúas mocións derivadas das dúas interpelacións presentadas no último Pleno do Parlamento, para reclamar un novo Plan de emprego para a mocidade e para que a Xunta atenda ás recomendacións do Consello de Contas e revise os incrementos de tarifas das peaxes en sombra para as autovías de titularidade autonómica.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23