Categorías: Actualidade

Luis Álvarez acusa á Xunta de retrasar deliberadamente o debate da reforma da Lei de Saúde

O portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Luis Álvarez, denunciou hoxe a “estratexia de dilación innecesaria” por parte da Xunta para retrasar deliberadamente o debate da proposición de Lei do Grupo Socialista para reformar a Lei de Saúde. Así o dixo logo da reunión da Xunta de Portavoces que fixou a orde do día do Pleno da próxima semana.

O responsable socialista explicou que este texto fixa un límite de 2 días para as esperas en Atención Primaria e ademais impide derivar á concertada para cumprir con esta esixencia, o que foi respondido polo goberno galego provocando o retraso no seu debate.

Denunciou un trato deliberadamente desigual na emisión dos informes preceptivos por parte do goberno galego “segundo procedan para un proxecto de Lei do Goberno ou para a iniciativa do Grupo Socialista”. Así, explicou que mentres a Lei de Terra Agraria, de 174 páxinas, foi tramitada en 5 días, os mesmos que a Lei de Simplificación Administrativa, de 72 páxinas, a reforma da Lei de Saúde, de 6 páxinas, leva 8 días de espera e sigue sumando.

Álvarez trasladou o “malestar” do Grupo Socialista “particularmente no ámbito dunha lei sensible” como é a de Saúde, que é “obxecto da manobra dilatoria” por parte do goberno galego, impermeable á precarización da Atención Primaria, que deriva no deterioro do servizo á cidadanía e que “debera ser tratado canto antes e con extraordinaria urxencia”.

O socialistas presentarán ademais unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que cumpra co acordo aprobado en marzo de 2021 para aumentar 120 prazas de psicólogos na sanidade pública, ademais de constituír unidades de Saúde Mental Infanto – Xuvenil e a elaboración dun Plan Galego de Prevención do Suicidio.

A sesión comezará coa comparecencia da conselleira de Transporte para dar conta do Plan de Transporte Público, que celebrou por canto supón de “recoñecemento explícito de que o dito Plan está a xerar unha importante cantidade de incidencias na súa aplicación”, que derivan en “problemas para a mobilidade da xente”.

Abusos sexuais

Así o dixo  antes de anunciar que o Grupo Socialista presentará no próximo Pleno do Parlamento unha pregunta oral urxente para que o goberno galego dea conta da desafortunada resposta do presidente da Xunta relativizando e menosprezando os abusos sexuais denunciados en centros educativos dependentes da Igrexa. Os socialistas solicitan que sexa a Valedora do Pobo quen elabore un informe sobre esta situación, algo ao que a propia institución tense amosado favorable.

Luis Álvarez lembrou que “non se trata de facer unha causa xeral contra a Igrexa católica”, senón máis ben de “esclarecer” o que sucedeu e “reparar os danos sufridos polas vítimas”, unha posición compartida ademais polo arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio.

Ademais, anunciou unha interpelación sobre o uso problemático da Internet e das redes sociais por parte de menores e adolescentes, e aclarou que “non ten nada que ver co suceso de Elche” coñecido a semana pasada. Explicou que a iniciativa deriva do informe presentado hai meses por Unicef alertando da incidencia do uso inadecuado das novas tecnoloxías da información e para coñecer as medidas tomadas pola Xunta neste sentido.

Sesión de control

A pregunta ao presidente da Xunta do próximo Pleno, explicou, centrarase nas liñas estratéxicas do goberno galego para o desenvolvemento da enerxía eólica en Galicia. Advertiu de que esta cuestión “prioritaria” está a recibir unha resposta “en zigzag” por parte do goberno galego, que “avanza un e retrocede dous”, demostrando unha perigosa “falla de estratexia global para darlle solución” ás necesidades da industria electrointensiva.

Lembrou as competencias do goberno galego na materia, que ten imposto unha moratoria de 18 meses “non sabemos por que” debido a “pouca transparencia sobre o volume de parques en tramitación e cales son as liñas que ten pensado desenvolver a Xunta para poñelos en funcionamento”. Sinalou que “veremos se somos quen de que o presidente da Xunta nos responda con claridade esta vez”.

O Pleno do Parlamento incluirá ademais unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que elabore un protocolo que evite a exclusión financeira da cidadanía galega, así como dúas mocións sobre a execución dos fondos cedidos á Xunta dende o Estado no IV Plan de Rescate e as actuacións do Goberno galego para acadar a implantación da multinacional lusa Altri na mariña lucense.

Finalmente, presentarán unha pregunta oral sobre o fracaso das políticas activas de emprego da Xunta de Galicia, que situou a Galicia como a número 17 das 19 comunidades autónomas e cidades autónomas do Estado.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38