Categorías: Actualidade

Luis Álvarez acusa a Rueda de provocar “unha Galicia en retroceso” á fronte dun goberno “incapaz” de despregar políticas a favor da Comunidade Autónoma

Censura que Feijóo abra as portas a un acordo co Vox: “o seu verán azul está cheo de sombrillas verdes que permean o peor da radiación social dun partido de ultradereita”

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, sinalou que a Memoria do CES de 2022 evidencia a falla de resultados da xestión de Feijóo e Rueda á fronte da Xunta. Na sesión de control ao presidente da Xunta advertiu que o documento, presentado a semana pasada polo ex conselleiro da Xunta Agustín Hernández, evidencia unha situación “preocupante” dunha “Galicia en retroceso” logo de 14 anos de goberno do PP, “incapaz” de apoiar e de impulsar políticas a favor da Comunidade Autónoma.

Este informe, dixo, desminte que o goberno galego defenda os intereses de Galicia e alerta dun preocupante aumento as poboación e risco de pobreza nunha autonomía que está á cabeza de España en xubilados en risco de penuria económica. Sinala ademais unha alarmante fenda de xénero no emprego e nas pensións, cunha diferenza de 400 euros entre as mulleres e os homes, ou o incremento da taxa de abandono escolar.

Lamentou que o goberno galego se amose “orgulloso” dunhas listas de espera sanitarias “inadmisibles”, que segundo o CES se sitúan nos 75,4 días, cunha perda xeneralizada da calidade na atención primaria, aínda peor nas zonas rurais. O mesmo informe que alerta da perda de 40.000 empregos industriais e certifica o fracaso da política económica do goberno galego, responsable da situación “moi precaria” do gasto en I+D+i, por detrás mesmo da Eurorrexión.

Álvarez advertiu que logo de 3 anos de Lexislatura e un ano de goberno de Rueda tense situado “no lado incorrecto da historia” ao situarse na confrontación ao goberno central en base a “críticas infundadas”. Fixo un repaso das negativas do PP, en contra das pensións non contributivas, da revalorización das pensións, do salario mínimo, da reforma laboral, da redución da fenda de xénero, ou de limitar a suba dos alugueiros e das tarifas eléctricas.

“Tanto votan en contra que teñen o botón vermello desgastado”, dixo Álvarez como exemplo dos 3 anos de mandato “incapaces” de apoiar políticas a favor de Galicia, mesmo  chegando a “apoiar discursos que van contra a igualdade e a liberdade e contribuíndo aos discursos do odio”. Criticou que queiran “unha sociedade sen dereitos”, como demostran ao prohibir unha película para nenos en Cantabria por incluír un bico entre dúas mulleres ou eliminar as bandeiras LGTBI.

Apostillou que “o problema é que o seu verán azul -en alusión á errada campaña do PP- está cheo de sombrillas e de toldos verdes nos que permea o peor da radiación social dun partido de ultradereita”. Así o dixo logo de lembrar o voto en contra, onte, dunha moción presentada polo PSdeG en contra dos que negan a violencia machista e a existencia mesma do machismo e que rexeitan as políticas de igualdade.

Alertou fronte ao anuncio de Feijóo, que esta mesma semana confirmou que gobernaría con Vox logo de ter negado acordos co partido da ultradereita porque van “en contra de Galicia”. Álvarez fixo un repaso das contradicións do candidato “espero que frustrado” á presidencia do goberno, que agora considera “substancialmente boa” e “abraza” a reforma laboral que o PP “estivo a punto de derrubar”.

O mesmo Feijóo, lembrou, que defende agora o imposto á banca que antes cualificaban de “abominación ideolóxica” e que apoiou o recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Educación elaborada pola ministra Isabel Celaá, que o Tribunal Constitucional vén de desestimar.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23