Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Leticia Gallego insta á Xunta a incrementar a porcentaxe de investimento en I+D+i ata acadar o 1,5% do PIB e a facer un maior esforzo para que a innovación chegue ás Pemes

Denuncia que o goberno galego deixou sen executar 196 millóns de euros dos orzamentos destinados a esta materia dende a pasa lexislatura

A deputada socialista, Leticia Gallego, recamoulle hoxe á Xunta que incremente a porcentaxe de investimento en I+D+i co obxectivo de pasar do 0,98 por cento actual ata acadar o 1,5 por cento do PIB nos vindeiros dous orzamentos do goberno galego. Fíxoo esta mañá durante a comparecencia no Pleno do Parlamento do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía para presentar a nova Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3).

Neste escenario, Leticia Gallego lembrou que a anterior, que ía de 2014 a 2020, se marcaba como un dos grandes obxectivos acadar un gasto en I+D+i do 1,7 por cento do PIB en 2020. Porén, este obxectivo foi “inalcanzable” pola falta de investimento do goberno galego e pola baixa execución dos orzamentos destinados a este ámbito.

Así, advertiu que entre a pasada lexislatura e o que vai desta, a Xunta de Galicia deixou sen investir un total de 196 millóns de euros. Explicou que no programa 561A do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación deixáronse sen gastar 86 millóns na pasa lexislatura, 30 millóns no ano 2020 e 80 millóns o ano pasado.

De feito, a deputada socialista lembrou que en Galicia, as partidas dedicadas a investigación e desenvolvemento foron o ámbito de peor execución dos FEDER para o período 2014-2020, cando “so consta que se executasen o 31,5 por cento dos 213,5 millóns de euros dispoñibles para a comunidade”.

Ao mesmo tempo, Leticia Gallego tamén advertiu que “Galicia está moi afastada do 2,18 por cento que destina de media a Unión Europea”. Lembrou, a maiores, que o gasto interno en I+D por habitante en Galicia se situaba en 2021 en 232,6 euros, mentres que a media española estaba en 328,6 euros.

Con estes datos, a parlamentaria do PSdeG incidiu en que o PP tivo tempo máis que suficiente do erro económico e social que ten suposto non apostar pola I+D+i. “Non volvan cometer ese erro nesta lexislatura”, reivindicou durante a presentación dos obxectivos da nova estratexia RIS3, que chegará ata o 2027. “A teoría está moi ben pero logo hai que levala á práctica, cousa que non se fai por parte da Xunta”, advertiu

ESPECIAL ATENCIÓN ÁS PEMES

Por iso, fixo un chamamento ao goberno galego a reforzar as políticas públicas de transferencia de coñecemento e innovación empresarial, con especial atención ás Pemes. “A existencia de tres universidades, seis centros tecnolóxicos, os centros de investigación ou os clústers”, dixo, “son un bo punto de partida para que as empresas galegas se beneficien dos resultados da súa investigación, mediante acordos de transferencia de tecnoloxía e proxectos de colaboración”.

Porén, malia que nos últimos anos se están a favorecer estas relacións público-privadas, “o certo é que aínda estamos moi lonxe de alcanzar niveis que nos sitúen como referentes”. “Só unha parte moi pequena do coñecemento xerado nas universidades e centros tecnolóxicos pasa a formar parte das empresas”, lamentou.

Como mostra disto, remarcou que o gasto en I+D nos sectores público e privado “non so empeora en comparación co ano 2019, senón que aínda hoxe está lonxe da media europea”. Ademais, Galicia sitúase no grupo de rexións de innovación moderada, “pero no nivel baixo”. De feito, en comparación co resto de España, a nosa comunidade ocupa o oitavo posto no ránking, moi por detrás das clasificadas na categoría forte, como o País Vasco ou Madrid.

Polo tanto, Leticia Gallego subliñou que “parece claro que o goberno galego ten moito que mellorar para situar a Galicia como referente”. Así, tras reivindicar que a crise da covid puxo en evidencia a importancia de apostar pola investigación e a innovación, Leticia Gallego sinalou que Galicia “ten que apostar firmemente pola ciencia e a innovación como valor estratéxico e piar do benestar e do crecemento”.

APOSTA POR RETER O TALENTO

Tamén lle reclamou ao goberno galego que “aposte por reter o talento, xa que a súa fuga cústalle ao ano 300 millóns de euros a Galicia”. “Trátase”, concluíu, “ de aumentar máis o investimento público necesario tanto en ciencia como en innovación”.

Nesta liña, puxo de exemplo a “aposta total pola ciencia do goberno de España” porque “sabe que o coñecemento e a innovación son esenciais para manter e mellorar o benestar social e o crecemento económico”. Nesta liña, lembrou os beneficios da reforma da Lei da ciencia, tecnoloxía e innovación.

Subliñou que crea unha nova modalidade de contrato indefinido para persoal científico, técnico e de xestión ou que incrementa a taxa de reposición, que este ano será do 120 por cen. Pásase así de destruír máis de 5.000 postos de investigadores no período 2011-2016 a que por cada 10 investigadores que se xubilen o goberno de España reporá 12.

Outra medida é o recoñecemento da indemnización por finalización de contrato aos investigadores predoctorais e aos investigadores posdoc, que ata agora non contaban con este dereito.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09