Categorías: Actualidade

Leticia Gallego esíxelle á Xunta que reabra as Urxencias no Concello de Moaña

Presenta iniciativas parlamentarias para recuperar de forma inmediata este servizo e ademais que garanta a cobertura urxente da baixa da pediatra

A parlamentaria socialista Leticia Gallego vén de anunciar unha serie de iniciativa parlamentaria para reclamarlle á Xunta que reabra o servizo de Urxencias na Casa do Mar de Moaña e que cubra a baixa de Pediatría que ten deixado ao Concello sen este servizo. Gallego visitou hoxe o Centro de Saúde xunto co secretario xeral do PSdeG de Moaña, Mario Rodríguez, onde presentou unha serie de iniciativas parlamentarias sobre a situación da sanidade na localidade.

A responsable socialista considera “insoportable” que o goberno galego a día de hoxe manteña o servizo de urxencias de Moaña desprazado a Cangas, precisamente cando a Xunta está a anunciar o camiño cara á nova normalidade logo da sexta ola da pandemia.

Leticia Gallego advirte de que os veciños e veciñas da localidade “non comprenden que nesta vila continúen sen urxencias médicas e sen recuperar o nivel de consultas presenciais anteriores á pandemia, ademais de soportar atrasos moi importantes nas citas de Atención Primaria”. A parlamentaria socialista leva ao Parlamento unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamar o reforzo do persoal de Atención Primaria.

PEDIATRÍA

Gallego reclama tamén a cobertura urxente da baixa da pediatras que ten deixado ao servizo desatendido nesta localidade, como é o caso de hoxe, día en que non había pediatra. Alertou ademais de que o servizo leva tres xornadas desatendido por canto a Xunta deixou sen cubrir os días libres da única pediatra en servizo, que xustamente estaba a traballar en solitario dende a baixa da outra pediatra, tamén sen ser cuberta dende finais de febeiro.

Alerta das graves consecuencias da falla de persoal para a poboación de Moaña, ata o punto de que o persoal administrativo ten serios problemas para conceder citas ás familias que o precisan e mesmo teñen solicitado instrucións para derivar as urxencias pediátricas a outras localidades.

A responsable socialista sinala que a situación de pediatría replícase no resto de servizos sanitarios deste Centro de Saúde, por canto o goberno galego ten deixado desatendidas as necesidades de persoal. Así, dende decembro, a consecuencia do concurso de traslados dos facultativos, a quenda de tarde só conta con dous médicos dos catro que ten asignados.

O Grupo Socialista presentará por iso esta iniciativa parlamentaria, na que reivindican unha “correcta e plena asistencia na atención primaria” cubrindo as vacantes da quenda de tarde, así como dotar dunha ambulancia de reforzo na comarca do Morrazo “para ter unha boa asistencia sanitaria”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38