Categorías: Actualidade

Lage Tuñas anuncia unha campaña dirixida a mobilizar “dende a ilusión” fronte ao “plan de demolición” que presenta a “UTE do PP e Vox”

O secretario de Organización do PSdeG sinala que “somos o partido dos avances en dereitos sociais e en progreso económico” e advirte que “quixeron enterrarnos mil veces e non o conseguiron”

O PSdeG celebrará unha convención de candidatos ao Congreso e Senado mañá sábado en Santiago

O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, anunciou hoxe unha campaña electoral “con ánimo, forza e ilusión” dirixida a mobilizar o voto progresista fronte ao “plan de demolición” da UTE -Unión Temporal de Empresas- de PP e Vox. O responsable socialista anunciou que o PSdeG dará mañá o pistoletazo de saída á precampaña do 23X cunha convención en Santiago de candidatos e candidatas ao Congreso e Senado.

Lage Tuñas reclamoulle á cidadanía “que queira que a sociedade avance” un “voto de confianza” aos socialistas fronte á alternativa “da regresión” conservadora que quere “derrubar tódolos avances sociais conquistados polo PSOE” e facer retroceder á sociedade “50 ou 60 anos”. Sinalou que “nos vai ir moito mellor se segue gobernando o PSOE” fronte á alternativa de Feijóo e Abascal.

Anunciou unha campaña a pé de rúa para “explicar todo o que fixo o goberno de Pedro Sánchez para mellorar a vida da xente” e garantir unha sociedade “máis cohesionada, máis libre e igualitaria”. Un goberno que ten demostrado que “somos o partido dos avances, dos dereitos sociais e do progreso económico”, como están a demostrar os datos de crecemento do PIB coñecidos hoxe.

Lembrou que o goberno aumentou as pensións nun 8,5 por cento, fronte ao 0,25 do PP, que permitiu asinar 7,27 millóns de contratos indefinidos, duplicou o orzamento para bolsas de estudo ata os 2.500 millóns de euros. O mesmo, lembrou, que na crise da pandemia despregou un escudo social de protección cos  ERTEs, que aprobou as bonificacións á mobilidade, descontou as peaxes e consolidou o Ingreso Mínimo Vital.

Lage Tuñas chamou á mobilización tamén fronte á UTE PP – Vox que propugna “máis políticas reaccionarias, máis políticas contra as mulleres, menos respecto á liberade das persoas e políticas pensadas para os que máis teñen”. Dixo que a Feijóo “xa lle caeu a careta de trilero profesional” logo de asinar máis de 140 gobernos municipais coa ultradereita, ademais dos gobernos de Valencia ou Castela e León.

Alertou fronte á campaña da dereita para desmobilizar ao votante progresista, e que “quere vernos alicaídos, desanimados, xerar acougo e quitarnos de diante” para levar adiante o seu “plan de demolición”. Confirmou que polo contrario “imos saír a por todas” e defender “o triunfo colectivo da sociedade galega e española” dende o aval do partido que representa á “maioría social que fixo posibles tódolos cambios dende os anos 80”.

“Quixeron enterrarnos mil veces e agora queren enterrarnos de novo, pero non o van conseguir”, remachou Lage Tuñas. Reivindicou a xestión económica e social dun goberno liderado polo partido que “defende mellor os servizos públicos e a xustiza social, a loita polas igualdades económicas, laborais, de raza e de condición sexual”, e que “garante a cohesión social e que non haxa fracturas” como había ata hai 5 anos co PP.

Eleccións municipais

O secretario de Organización do PSdeG fixo tamén balance do proceso de constitución das corporacións municipais, á espera de 13 concellos nos que foi aprazada, e que confirma que o PSdeG “mantén unha base sólida de poder institucional” con 101 alcaldías e dúas deputacións. Estes datos, dixo, sitúan aos socialistas galegos “en condicións de revalidar nuns meses a presidencia da Fegamp.

Apuntou que os socialistas galegos representan ao partido que goberna a máis cidadáns dende os concellos, con 1,35 millóns de persoas, máis que a suma dos 667.000 do PP e os 360.000 do BNG. As pasadas eleccións municipais confirmaron que malia un leve retroceso no voto, os socialistas “seguimos a ser a principal forza municipalista de Galicia, gobernando a case a metade da poboación galega”.

Sinalou que as cifras “falan por si mesmas” da relevancia deste partido, que constitúe unha “forza tractora fundamental do sistema democrático e do sistema de partidos de Galicia”. Os socialistas galegos, dixo, constitúen o “eixo central e a columna vertebral do sistema político galego” nas corporacións municipais.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27