Categorías: ActualidadePortadaSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero visita Castroverde, Pol e A Pastoriza: “Non haberá reactivación en Galicia se a Xunta non apoia aos concellos do rural”

O líder dos socialistas galegos visita concellos da provincia de Lugo para instar a Xunta a que incremente os fondos para o municipalismo galego

O alcalde de Castroverde, José María Arias, denuncia que a “falla de compromiso da Xunta” ten incrementado a situación de “abandono dos concellos do rural”

Gonzalo Caballero comprometeu en Pol e A Pastoriza o seu apoio ás demandas que estes municipios teñen coa Xunta de Galicia de cara á potenciación do rural

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta que “poña máis fondos nas mans dos concellos” para garantir a reactivación económica a favor dos veciños e das veciñas. Así o dixo na rolda de visitas aos concellos de Castroverde, Pol e A Pastoriza xunto aos seus alcaldes, José María Arias, Lino Rodríguez e Primitivo Iglesias, respectivamente.

O líder dos socialistas galegos advertiu de que “non haberá reactivación en Galicia se a Xunta non apoia aos concellos do rural”. Lembrou o amplo marxe de manobra do que dispón o goberno galego precisamente neste ano, no que o goberno galego ten recibido máis de 1.100 millóns de euros extraordinarios procedentes do Estado para facer fronte ás consecuencias da pandemia.

Caballero sinalou que “a Xunta está abandonando a reactivación da Galicia rural porque o PP carece de modelo, de estratexia e de medidas”.

Reivindicou máis marxe orzamentaria para os pequenos concellos galegos “que defenden a reactivación económica e o benestar dos veciños e das veciñas da provincia de Lugo”.  O goberno de Feijóo debe dar “mais fondos aos concellos de Galicia” en vez de aplicar recortes ao “municipalismo que resolve asuntos competencia da Xunta que esta non fai”.

Así mesmo, reclamou o compromiso da Xunta cos servizos públicos na Galicia rural, así como medidas para o desenvolvemento agrogandeiro e industrial e a xeración de emprego na Galicia interior.

ABANDONO DO RURAL

Pola súa parte, o alcalde de Castroverde, José María Arias, lamentou que a “falla de compromiso” por parte da Xunta ten incrementado a situación de “abandono” dos concellos rurais de Galicia, que “seguen no mesmo estado que hai 40 anos”. Lamentou que “nin sequera hai unha mínima aposta pola ordenación do territorio para darlle pulo ao rural”.

Arias puxo como exemplo a falla de compromiso das concentracións parcelarias, que “xunto con outras medidas, permitirían apoiar a reactivación económica e social do rural e contribuír á do conxunto do país”.

POL

Por outra banda, Gonzalo Caballero tamén visitou o concello de Pol, acompañado do seu alcalde, Lino Rodríguez. Fíxoo precisamente o día no que se debería ter celebrado a Festa do Emigrante, aprazada este ano pola pandemia.

Gonzalo Caballero gabou o impulso que está a experimentar o municipio coa xestión do rexedor socialista e visitou o desenvolvemento das novas instalación deportivas do municipio.

A PASTORIZA

Finalmente, no concello de A Pastoriza, Gonzalo Caballero mantivo un encontro co alcalde, Primitivo Iglesias.

O secretario xeral dos socialistas galegos expresou ao seu apoio ás reivindicacións do alcalde cara a Xunta de Galicia. Nun dos concellos do país con maior peso do sector agropecuario, dende A Pastoriza reclámaselle ao goberno galego que se poña en marcha un servizo veterinario no municipio, para prestar servizo ás gandeiras e gandeiros da zona.

Tamén se lle demanda á Xunta unha maior aposta polo desenvolvemento industrial e que se manteña a calidade asistencial no eido da sanidade pública, e de maneira concreta na atención primaria, algo fundamental nun concello cun elevado índice de poboación envellecida.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38