Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Gonzalo Caballero propón unha oficina de control orzamentario que transparente o uso dos fondos públicos: “Fai falla porque o presidente da Xunta mente cando di que o goberno se forra con impostos transferidos”

Lamenta o veto do PP a mellorar o control, a eficiencia e a transparencia dos orzamentos da Xunta

O voceiro de Economía do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, lamentou hoxe o voto en contra do Partido Popular á proposta do PSdeG para crear unha oficina de control orzamentario dependente do Parlamento. A iniciativa reclamaba a posta en marcha dun organismo “independente do poder executivo, que fortalecese o papel de asesoramento e a función dos grupos parlamentarios e que favorecese a análise económica e financeira para poder controlar os orzamentos e melloralos”.

Na súa intervención, Caballero defendeu tamén a necesidade desta oficina co obxectivo de enriquecer a estrutura institucional da autonomía galega e para mellorar a eficiencia, a transparencia e o control do gasto público. “Non se trata”, sinalou o deputado socialista, “de crear un organismo por crealo, senón de ter a mellor capacidade para non despilfarrar os recursos públicos” e de “encarar o futuro coas mellores garantías nun contexto no que as necesidades da cidadanía son crecentes”. “Pódese e débese facer”, reivindicou.

“Esta oficina permitiría habilitar mecanismos independentes do poder executivo para ter un uso máis eficiente, sostible e equitativo de todos os cartos públicos que xestiona a Xunta”, resumiu o parlamentario socialista. En definitiva, sería “unha garantía para lograr os mellores orzamentos”.

Para evidenciar esta necesidade, Gonzalo Caballero referiuse aos “problemas de execución orzamentaria en moitos eidos” e dos que advirte o propio Tribunal de Contas. Nesta liña lembrou que 4 de cada 10 euros que chegan das institucións europeas non foron executados pola Xunta, o que corrobora “unha necesidade de mellora neste ámbito” e a citada oficina “sería un instrumento útil e válido” neste senso.

Tamén reivindicou a necesidade de facer moita pedagoxía no ámbito orzamentario cando ata o propio presidente da Xunta está “desinformando á cidadanía” a través de declaracións “irracionais, falaces e mesquiñas” nas que chegou a asegurar que o goberno de España se está forrando cos impostos da electricidade, dos hidrocarburos ou o IVE. Para desmontar esta afirmación, Gonzalo Caballero explicou que o 100% do imposto especial da electricidade, o 58% do de hidrocarburos e o 50% do IVE “transfírense do Estado a Galicia”.

Polo tanto, instou a Feijóo a que, máis alá da súa campaña para liderar o PP nacional, “recoñeza que a maior parte da recadación que se fai a través destes impostos está nos orzamentos da Xunta”.

“Como non vai facer falla esta oficina”, esgrimiu, “cando o propio presidente da Xunta desinforma á cidadanía con declaracións segadas e infundadas dirixidas a traballar para o PP e erosionar ao goberno de España en lugar de facelo para atender as necesidades dos galegos e galegas?”

O PP VOTA EN CONTRA DE MELLORAR A ARQUITECTURA DA AUTONOMÍA GALEGA

Con todo, o PP rexeitou a creación desta oficina de control orzamentario co seu voto en contra á proposta socialista, o que Gonzalo Caballero cualificou de “erro” xa que “perdemos a capacidade de fortalecer ao Parlamento”.

Por iso, lamentou que o PP se negue a facer un mellor control de todo o proceso orzamentario, a fortalecer o papel da representación da cidadanía na Cámara autonómica e a levar a cabo a necesaria análise económica e financeira que permita testar se se fai un uso eficiente dos recursos públicos e ponderar o acerto ou o desacerto da Xunta.

“Lamento”, remarcou, “que o PP non dea hoxe un paso adiante para perfeccionar a arquitectura da autonomía galega, que non queira facer un mellor control orzamentario e democrático por parte da sede parlamentaria e que siga atado ás sinerxias do pasado e non queira abrir un paso cara adiante para mellorar a eficiencia”.

Neste escenario, Gonzalo Caballero reclamou un cambio de posición por parte do PP. “Entendo”, dixo, “que estean noutra dinámica, pero Feijoo tense que poñer a traballar por Galicia permitindo que haxa medidas que fortalezan á autonomía e melloren a xestión pública”. “Non se queden na inercia pasado e asuman o reto de estar na vangarda e no compromiso cos galegos e galegas”, subliñou.

Tras insistir en que o PP “non pode quedar detrás dun Feijoo que xa é máis presidente do PP que da Xunta”, Caballero advertiu que Galicia “vaise xogar moito neste tempo co uso dos fondos de recuperación e dos Next Generation” e nun contexto no que “a inflación de custos poden poñer en risco a capacidade adquisitiva da cidadanía”.

Así, cando hai indicadores de que o nivel de desigualdade está en risco e a clase media está perdendo peso, “teñen que rachar coa inercia do pasado, deixar atrás todo o que se fai mal e poñerse a facer as cousas mellor”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29