Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso resalta que o PSdeG centrará a súa acción en Madrid en “facer que prevalezan os intereses dos galegos” con compromisos orzamentarios

O secretario xeral dos socialistas galegos tacha de “teatrillo fake” o intento de investidura de Feijóo cando sabe de antemán que vai ser “fallida”

Insiste en que a celebración das primarias galega quedan a expensas de que se resolvan a investidura, pero non pon en dúbida de que se van a celebrar

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, mantivo este sábado unha reunión de traballo co grupo de deputados e senadores nas Cortes Xerais, á que tamén asistiron os secretarios provinciais e o responsable de organización, José Manuel Lage, para analizar o contexto político que rodea ao arranque da nova lexislatura. Formoso sinalou que o obxectivo principal dos socialistas galegos consistirá en “facer que prevalezan os intereses dos galegos” e que se traduzan en compromisos nos Orzamentos Xerais do Estado.

O número un do PSdeG-PSOE puxo de relevo que se acaba de abrir unha “lexislatura difícil”, na que os equilibrios parlamentarios van a ser “moi necesarios”, e nese marco os socialistas galegos están decididos a ser “moi proactivos” e tamén “moi construtivos nas propostas que fagan outros grupos”, pero sen perder de vista que, por riba de todo, teñen facerse valer os intereses xerais dos galegos e galegas.

Formoso chamou a atención sobre o “teatrillo fake” que está a facer Feijóo por todo o Estado, cando sabe que a súa “vai ser unha investidura fallida”. Advertiu dos prexuízos que iso lle causa ao país, nun momento en que España está a presidir a Unión europea e teño que facer cun presidente en funcións, cando xa podería estar investido para empezar a gobernar con plenas capacidades.

Con todo, dixo que “esperamos que se produza” esa nova investidura de Pedro Sánchez para conformar un novo goberno de progreso, o que a súa vez permitiría que os compromisos dos socialistas con Galicia teñan “reflexo” xa nos próximos Orzamentos Xerais do Estado.

Primarias

A preguntas dos xornalistas, Formoso tamén aludiu ao adiamento das primarias para elixir o candidato dos socialistas á presidencia da Xunta de Galicia. Recalcou que a preocupación que ten o PSOE en sacar con éxito unha investidura para conformar un goberno obrigou non só a pospoñer as primarias galegas, senón tamén outros procesos orgánicos, como o congreso que tiña previsto polo PSC, e que se retrasará ata o Nadal.

“Estamos centrados á espera de que se resolva a investidura”, abondou Formoso, quen dixo que as primarias “é o método estatutario” que teñen os socialistas para elixir aos seus candidatos e que se manterá de todos os seus xeitos. Ao mesmo tempo, o PSdeG está preparando ao mesmo tempo “a maquinaria” para afrontar unhas eleccións autonómicas que Rueda vai convocar non en función dos intereses dos galegos, senón “cando máis lle interese ao Partido Popular”, pois o mandatario da Xunta está “ausente” das súas funcións e dedícase “mirar de reollo ás indicacións” que lle dá  Feijóo dende Madrid.

Diálogo

Respecto ao diálogo con forzas independentistas e ao debate aberto en torno á amnistía, o dirixente socialista defendeu que “é necesaria unha fórmula que todo o mundo comparta”. Reivindicou que o PSOE “sempre arriscou nos avances do país”, propoñendo cambios “que foron difíciles, pero que fixeron avanzar”, como foron o ingreso na OTAN ou na UE, ou o diálogo con ETA, que permitiu acabar co terrorismo en España.

“O diálogo como método e a Constitución como marco”, engadiu Formoso como condicións previas para entenderse coas demais forzas políticas. “Non pode imperar o cinismo cando falamos de estabilidade institucional”, dixo, recriminando que Feijóo se levantara logo das eleccións dicindo “que vai falar con Junts e con Puigdemont” e logo se botara atrás por presións internas ou que recrimine a quen da eses pasos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32