Categorías: Actualidade

Feijóo agocha o seu Plan de Reactivación post covid

A portavoz de Orzamentos do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou hoxe ao goberno galego de ter “agochado” o Plan de Reactivación e Dinamización 2020. A responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Economía celebrada hoxe na que sinalou que “pasados case tres meses do anuncio, non sabemos cales foron os fondos empregados, os resultados nin as previsións de futuro”.

 

Rodríguez Rumbo acusou ao presidente da Xunta de “xuntar partidas orzamentarias que xa existían e poñerlles un lacito” para poder “vendelas” como plans e documentos con “mera intención propagandística” que finalmente non son executados. Esixiu “resultados” porque, dixo, “non é o momento de grandes anuncios, é o momento de aplicar todos os recursos ao alcance para que non se perda a vida de moitos homes e mulleres do noso país”.

 

Explicou así que dos 3.043 millóns de euros que supostamente contiña aquel plan, só 1.741, un 57 por cento, correspondían a achegas públicas, dos cales 828 procedían de reasignacións orzamentarias sen explicar, outros 506 eran fondos procedentes do Goberno de España, 51 millóns de reprogramacións de fondos europeos e 256 das marxes orzamentarias. Segundo a información publicada polo goberno galego, os 1.302 millóns deberan ser mobilizados polo sector privado.

 

Rodríguez Rumbo criticou hoxe a falla de información tanto sobre as reasignacións orzamentarias como das reprogramacións orzamentarias ou das previsións para materializar a mobilización de máis de 1.300 millóns de euros por parte do sector privado.

 

A responsable socialista contrastou os “anuncios propagandísticos” do goberno galego co plan de choque de medidas económicas e laborais por importe de 200.000 millóns de euros posto en marcha polo goberno de España.

 

Sinalou que mentres Sánchez se reunía tódalas semanas cos presidentes autonómicos, “botamos en falta un encontro de Feijóo cos concellos para arbitrar medidas conxuntas, sobre todo para darlles financiamento para as competencias que lles trasladan unha e outra vez como unha maneira bonita de desfacerse de responsabilidades” por parte do goberno autonómico.

 

Comisión de reactivación

 

Rodríguez Rumbo reclamou a posta en marcha “á maior brevidade posible” da Comisión de Reactivación, e que inclúa as achegas da oposición, porque “as persoas están agardando polas accións” para apoialas nun momento de máxima dificultade. Rodríguez Rumbo sinalou que malia a man tendida da oposición “agardamos resultados”, sinaladamente logo de que o presidente da Xunta asumira o seu fracaso da xestión sanitaria e educativa co cese dos dous conselleiros.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro: “Rueda actuou coma o eco de Feijoo e deixa a Galicia sen a voz que merece”

O secretario xeral do socialistas galegos ve incomprensible que o presidente da Xunta se negase…

20/09/2024
  • Actualidade

Paloma Castro sinala que o últime informe da Valedora demostra que a xestión do PP na Xunta “está a debilitar o Estado do Benestar”

Alerta do aluvión de queixas pola xestión da sanidade, a educación ou a atención social…

20/09/2024
  • Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que a política fiscal “desenfocada” da Xunta provocou a perda de 300 millóns de euros de recadación en 2023 que lle perdoaron fundamentalmente á grandes fortunas

Patricia Iglesias critica o “ilusionismo fiscal” do goberno galego, que presume de baixar impostos aos…

20/09/2024
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que cubra a praza de médico en Lobios que está vacante dende hai un ano

Carmen R. Dacosta alerta das consecuencias dos recortes de Feijóo e Rueda e reivindica “un…

19/09/2024
  • Actualidade

Paloma Castro urxe á Xunta a poñer en marcha os centros de Crise 24H para garantir a atención ás vítimas de violencia sexual

Alerta de que Galicia pode perder 5,8 millóns de euros de fondos se a Xunta…

19/09/2024
  • Actualidade
  • Secretaría Xeral

Besteiro reivindica un PSdeG con raíces galeguistas, “que xa é a verdadeira referencia da esquerda para o 50 % da poboación”

Impulsará para recuperar a Xunta o modelo de proximidade das alcaldías socialistas fronte a un…

19/09/2024