Categorías: Actualidade

Espinosa cualifica de “broma de mal gusto” as declaracións de Gómez Caamaño sobre as listas de espera e as novas tecnoloxías

A deputada socialista sinalou que “é preocupante que, en lugar de aportar solucións concretas, o responsable da sanidade en Galicia recorra a frases coloquiais e expresións desacertadas para minimizar a gravidade da situación que atravesa o noso sistema de saúde”

 

A portavoz socialista de Sanidade, Elena Espinosa, criticou as declaracións do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, esta mañá en Vigo  xa que, dixo, “evidencian, unha vez máis, a falta dunha visión realista e comprometida cos verdadeiros problemas do sistema sanitario público galego”.

 

Espinosa sinalou que “é preocupante que, en lugar de aportar solucións concretas, o responsable da sanidade en Galicia recorra a frases coloquiais e expresións desacertadas para minimizar a gravidade da situación que atravesa o noso sistema de saúde”,

 

Para a socialista é unha broma de mal gusto que  o conselleiro pretende vender a idea de que a sanidade galega funciona de maneira óptima, obviando os graves problemas estruturais que afectan aos profesionais sanitarios e aos pacientes.

 

A realidade, dixo, “é que a falta de persoal, o deterioro da atención primaria e as listas de espera interminables seguen sendo o día a día de miles de galegos e galegas que dependen do Sergas”. Por iso,  “dicir que as listas de espera son “relativas” é unha falta de respecto a quen agarda meses ou incluso anos por unha consulta ou unha intervención”.

 

Espinosa tamén fixo referencia a aposta do conselleiro  por unha “área sanitaria única”: “Non explica como encaixa esta visión coa descoordinación actual entre hospitais, a falta de reforzos en atención primaria e o peche de servizos en distintas localidades galegas. Falar de “eliminar a graxa do sistema agocha unha política de recortes encuberta que prexudica a calidade asistencial”.

 

Por outra banda, a viceportavoz do Grupo Socialista considerou inaceptable que o conselleiro reste importancia á preocupación cidadá sobre o número de camas hospitalarias dispoñibles porque “a hospitalización a domicilio e os hospitais de día poden ser solucións complementarias, e coas listas de espera que hai hoxe, non poden substituír a necesidade de contar con recursos suficientes nos centros hospitalarios”.

 

En canto ás novas tecnoloxías, Espinosa coincidiu en que o acceso a ferramentas dixitais é positivo, “pero non pode ser unha escusa para agochar as carencias na atención presencial e a  realidade é que moitas persoas seguen atopando dificultades para manexar aplicacións como a do Sergas e, en demasiadas ocasións, vense obrigadas a recorrer a terceiros para poder xestionar as súa citas ou acceder ao seu historial médico”.

 

Finalmente, en materia de saúde mental, valorou que o  conselleiro admita que o sistema non está preparado para afrontar a “epidemia” de problemas psicolóxicos e psiquiátricos: “Porén, non presenta solucións concretas para abordar a falta de profesionais nin para mellorar o acceso á atención psicolóxica e psiquiátrica en Galicia. É urxente un reforzo real dos recursos en saúde mental, cun compromiso claro de dotar ao sistema dos profesionais e medios necesarios”.

 

Por iso, a deputada esixiu ao  conselleiro que deixe de minimizar os problemas estruturais do Sergas e adopte medidas urxentes para reforzar a sanidade pública en Galicia.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Torrado carga contra o plan de Rueda para as baixas: “En vez de preocuparse polas causas, ataca a traballadores e sanitarios”

Criticou o clasismo do PP e advertiu que un dos sectores con máis incapacidades laborais…

22/04/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que “a saúde mental en Galicia é un dereito privatizado” reservado “a quen pode pagarse unha consulta”

Julio Torrado critica que o PP acepta esperas de un ano para Psicoloxía “porque non…

22/04/2026
  • Actualidade

Dacosta: “Brigadas de 1.200 euros e tres meses de contrato mentres 200 millóns de prevención quedan sen executar, así funciona o PP”

A deputada denuncia que as franxas secundarias comprometidas no convenio de 2025 quedaron sen limpar.…

22/04/2026
  • Actualidade

O PSdeG denuncia a “censura franquista” da Xunta a un encontro de educadores por falar do xenocidio de Gaza

Aitor Bouza critica que o Goberno galego alegue unha pretendida falta de neutralidade ideolóxica para…

22/04/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia “uso discrecional e partidista” do canon da auga por parte do PP e esixe reverter a metade da recadación nos concellos de orixe

Lara Méndez denuncia que a Xunta utiliza aos Concellos como “cobradores do frac” para recadar…

21/04/2026
  • Actualidade

Lara Méndez critica a convocatoria dunha praza pública da Xunta que “parece feita á medida” da concelleira tránsfuga de Lugo, e que de demostrarse “non é política: é corrupción”

Cualifica de “indecencia” o “mercadeo en directo” por parte do PP para impulsar unha moción…

21/04/2026