Categorías: Actualidade

Desinterese maiúsculo da Xunta fronte á deslocalización de R Cable, que pon en perigo 1.200 postos de traballo en Galicia

A portavoz de Industria do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, censurou o “desinterese” amosado pola Xunta de Galicia diante do proceso de deslocalización de traballadores iniciado por R Cable dende a súa adquisición por Euskaltel. Rodríguez Rumbo presentou unha pregunta oral na Comisión de Industria de hoxe na que respaldou as mobilizacións dos traballadores afectados por este proceso.

A responsable socialista sinalou que a externalización de servizos de R Cable, sinaladamente cara a Asturias e Euskadi, así como a contratación do servizo de mantemento á china ZTE, pon en risco en torno a 1.200 postos de traballo directos e indirectos da área de A Coruña. Advertiu que este proceso afecta aos 500 traballadores da área de mantemento, xa deslocalizados, e de forma inminente a outros 500 de atención ao cliente.

Advertiu que a resposta do goberno galego, que anuncia a súa “preocupación” polo proceso, resulta “politicamente correcta”, pero ademais de ser “insuficiente”, é desmentida pola realidade, que “non deixa entrever que estean solventando a situación”. Esixiu “outras actuacións” por parte do Executivo autonómico “máis alá do seu compromiso por compartir a preocupación”.

Rodríguez Rumbo reclamou en van que o Executivo autonómico explicara “cales son os medios postos a disposición dos traballadores e de cara á mediación coa empresa para que esta situación non se siga producindo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23