Categorías: Actualidade

Carmen Rodríguez reclama no Parlamento que a Xunta se reúna de urxencia co persoal de H&M para fixar un plan de acción que evite os peches de establecementos en Galicia

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez, vén de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que se implique na defensa das traballadoras e traballadores das tendas de H&M en Galicia, afectados polo ERE anunciado pola cadea, que afectaría a 65 persoas en toda Galicia.

Rodríguez reclámalle ao goberno galego que manteña unha xuntanza de urxencia cos representantes do persoal da empresa “co fin de amosarlles o seu apoio e establecer un plan de acción que evite os peches das tendas en Galicia, coa conseguinte perda de postos de traballo”. Os socialistas galegos apoian ás demandas dos sindicatos, que reclaman a negociación do ERE por territorios e a retirada dos despidos nos centros de traballo que non teñen perdas.

Sinala que, de acordo cos traballadores, entre as tendas afectadas en Galicia atópanse algunha das máis rendibles da marca en todo o territorio español, como é o caso de Ourense, que ten previsto o peche definitivo. Ademais da tenda de Ourense, a cadea quere pechar definitivamente a de Príncipe en Vigo e unha delas en Ferrol, mentres modifican as condicións de traballo en Lugo, Gran Vía de Vigo e Marineda en A Coruña.

Os socialistas galegos amosan o seu apoio ás tres centrais sindicais, que veñen de convocar unha serie de xornadas de folga fronte a unha medida que consideran absolutamente inxustificada, e que suporá unha “destrución de emprego absolutamente arbitraria, sen abordar caso por caso a situación económica, produtiva e organizativa”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38