Categorías: Actualidade

Carmen Rodríguez Dacosta urxe á Xunta a que negocie cos representantes da Xunta de Persoal do distrito sanitario de Ourense para acadar un acordo e evitar a folga

Censura o “desprezo ao traballo, aos conflitos laborais e aos dereitos dos traballadores” por parte da Xerencia das áreas sanitarias de Ourense, Verín e O Barco

A deputada ourensá socialista Carmen Rodriguez Dacosta vén de urxir á Xunta a que negocie cos representantes da Xunta de Persoal do distrito sanitario de Ourense para acadar un acordo sobre as reivindicacións das traballadoras e traballadores e evitar así a folga convocada para principios do mes de abril. Fíxoo, hoxe, logo de presentar unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia neste sentido.

“Desprezo ao traballo, aos conflitos laborais e aos dereitos adquiridos é a resposta da Xerencia das áreas sanitarias de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras ao incesante traballo do persoal que estivo a máis do cen por cento das súas capacidades e traballando baixo unha presión psicolóxica inimaxinable durante estes dous anos de pandemia”, denunciou a dirixente socialista.

Ante o que cualifican “maltrato continuado” por parte da Dirección do Sergas no distrito sanitario de Ourense e “dado que non hai visos de resolver esta preocupante situación”, alertou a socialista, a Xunta de Persoal comezará, a partir do día 6 de abril, unha folga con paróns de dúas horas de duración en quendas de mañá e tarde.

Esta convócase, incidiu Rodríguez Dacosta, “pola incompetencia na xestión dos recursos humanos e ante a negativa de negociar ningunha mellora para as e os profesionais que traballan tanto na Atención Hospitalaria como na Atención Primaria de Ourense”.

Por todo isto, a responsable socialista pediu ao Sergas que ofreza estabilidade na contratación aos cadros de persoal e que manteña os dereitos adquiridos nas vacacións e permisos de libre disposición por parte das traballadoras e traballadoras. Por último, urxiu a resolver os conflitos laborais existentes tanto no servizo de Urxencias como no de Medicina Interna, xa que ámbolos dous “veñen prologándose durante meses no tempo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32