Categorías: Actualidade

Carmen Rodríguez Dacosta lamenta que Feijóo estea “máis preocupado por dirixir o Partido Socialista en Ourense que por realizar os proxectos prometidos” na provincia

Censura o “catálogo de promesas incumpridas” polo goberno galego logo de que Feijóo recoñecese que o parque acuático de Monterrei carece de proxecto construtivo 5 anos despois de anuncialo “a bombo e platillo”

A deputada ourensá Carmen Rodríguez Dacosta vén de lamentar que Feijóo estea “máis preocupado por dirixir o Partido Socialista en Ourense que en realizar os proxectos prometidos” na cidade. Fíxoo, hoxe, en Comisión do Parlamento, a través dunha serie de preguntas sobre o proxecto do parque acuático de Monterrei ao goberno galego.

“Case 5 anos despois do primeiro anuncio sobre esta infraestrutura, Feijóo participaba na inauguración da mellora das instalacións deportivas, onde recoñecía que a Xunta non contaba con proxecto construtivo para as instalacións acuáticas”, alertou a socialista.

Isto supón, sinalou, que logo da “propaganda a bombo e platillo”, o parque acuático de Monterrei súmase ao “catálogo de promesas incumpridas de Feijóo” en Ourense, onde xa se atopan “o Gran Hotel Balneario, o tan anunciado Ecobarrio ou o desenvolvemento do Plan Termal de Ourense, cunhas pozas pechadas pola inoperancia de Jácome e a pasividade do PP”.

“O desprezo do presidente da Xunta á terceira cidade de Galicia é palmario”, lamentou a responsable socialista, quen fixo un chamamento ao goberno galego “para que mude de actitude e se tome en serio tanto a cidade de Ourense como a provincia”. “Póñase mans á obra porque entre o desastroso e ineficaz alcalde que temos en Ourense, a pleitesía do PP cara ao mesmo e a pasividade do goberno galego na nosa cidade, a situación é insostible”.

Así a todo, Rodríguez Dacosta chamou á Xunta a levar a cabo un “impulso decidido dende as institucións” en cuestións como emprego, termalismo ou infraestruturas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27