Categorías: Actualidade

Carmen Rodríguez acusa á Xunta de desvirtúar a autovía Ourense – Celanova reducindo o investimento á metade e suprimindo as variantes de Verea e Bande

A parlamentaria socialista Carmen Rodríguez Dacosta acusou hoxe á Xunta de ter desvirtuado a autovía libre de peaxe entre Ourense e Celanova, adxudicada polo goberno de Touriño en 2009 e paralizada por Feijóo ata o pasado ano 2020. Así o dixo no debate dunha pregunta oral no Parlamento de Galicia, na que sinalou que o proxecto da Xunta reduciu á metade o investimento previsto e suprimiu as variantes de Verea e de Bande.

No proxecto reformado pola Xunta pasan dos 20 millóns de euros previstos hai 13 anos a tan só 9, cun recorte que supón un “novo agravio” nos investimentos precisos para “vertebrar a provincia de Ourense, sinaladamente na comarca da Baixa Limia”, prexudicando á conexión co norte de Portugal. O obxectivo inicial deste proxecto era precisamente conectar a AG-31 dende Celanova ata o Paso da Madalena, na fronteira co país veciño.

A proposta final do goberno galego para a mellora da estrada OU-540 resulta, sinala Rodríguez, “pobre e de todo punto insuficiente”, evidenciando a “nula importancia que o goberno galego lle da a unha demanda largamente esperada”. Lembra que o goberno galego tiña recibido fondos comunitarios antes mesmo das partidas Next Generation EU, que foron desbotados convertendo o que era unha oportunidade histórica nun mero “parche”.

Apunta que logo de ter materializada a chegada do AVE á capital da provincia “esta sería probablemente a infraestrutura de maior interese estratéxico” para Ourense, conectando a capital con Porto en hora e media e con Braga en 60 minutos, o que representa unha área de influencia de 3 millóns de habitantes. Así o entende o mundo empresarial, o comercio e os colectivos sociais que respaldan a mellora do proxecto.

Rodríguez reclámalle ao goberno galego que “estean á altura da oportunidade” que se lles presenta para mellorar substancialmente a industria, o comercio e o turismo de toda unha provincia. Esixe que se poñan a traballar “onde sexa preciso” para darlle “unha solución que atenda ás reivindicacións razoables e sensatas” que trasladan de forma unánime dende a totalidade dos ámbitos políticos, económicos e sociais.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38