Categorías: Actualidade

Besteiro rematará as obras do Centro de Atención a persoas con Discapacidade de Ourense para rematar cunha discriminación “histórica” que vive a cidade e a provincia

O candidato á Presidencia da Xunta mantivo un encontro esta tarde con representantes da plataforma ProCAPD que levan máis de 8 anos loitando porque a Xunta de Galicia, con Feijóo e Rueda á cabeza, escoiten as súas reivindicacións

Ourense é a día de hoxe a única provincia de todo Galicia que non conta cun centro destas características, tras anos de “desleixo” e “inacción” dos gobernos autonómicos do Partido Popular

Os e as socialistas reivindican un CAPD de xestión “pública e directa” tal e como reivindican as familias con fillos con discapacidade

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou hoxe en Ourense que rematará as obras do centro de atención á persoas con discapacidade para rematar cunha discriminación “histórica” que vive a cidade e a provincia, a única de Galicia sen un centro destas características. Besteiro asegurou que os e as socialistas apostan por un modelo de xestión “pública e directa”, tal e como demandan as familias con fillos con discapacidade.

O candidato socialista mantivo un encontro esta tarde con representantes da plataforma ProCAPD que levan máis de 8 anos loitando porque a Xunta de Galicia, con Feijóo e Rueda á cabeza, escoiten as súas reivindicacións. Os e as socialistas comprométense deste xeito a rematar con anos de “inacción e desleixo” do Partido Popular e a por fin ao “abandono” que viven os familiares con fillos con discapacidade a cargo, “tras 7 anos de reivindicacións e unha demora continuada na finalización das obras, que seguen agardando o seu remate”. O mellor exemplo desta incapacidade e o cartel as nosas costas que pon que o prazo de execución do centro era de 13 meses en 2019. Aquí seguen esperando”.

Dende o PSdeG-PSOE lembran que no ano 2016, tódalas forzas políticas da cidade asinaron un compromiso para que o CAPD de Ourense fose unha realidade, pero tal e como apuntan “o PP descolgouse deste acordo no ano 2019, negándose a reeditalo”. A partir de entón e tal e como explican os e as socialistas os “incumprimentos” foron a tónica xeral do goberno autonómico, a pesar de estar falando dunha obra “imprescindible” para a cidade e a provincia de Ourense.

“É unha cuestión de dereitos das familias e dos nenos, xa que en todas as provincias existe un centro destas características, público, con prazas públicas e de xestión pública e directa da Xunta de Galicia, no que os traballadores forman parte da administración galega”, sinalan os e as socialistas.

A representante da Plataforma ProCAPD Eva Guitérrez denunciou que levan esperando dende 2016 polo centro público prometido pola Xunta e que xa existe no resto de provincias galegas: “Todo estes anos tivemos o apoio da cidadanía e as promesas incumpridas da Xunta” . Tamén lamentou  que a Consellería de Política Social “nunca nos recibiu nin nos escoitou”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29