Categorías: Actualidade

Besteiro garantirá o servizo de pediatría no Carballiño: “Comprométome a que non haberá nin un só neno sen pediatra en Galicia”

O candidato do PSdeG intervén nun mitin no Carballiño xunto ao alcalde, Francisco Fumega, no que reivindicou que cando chegue á Xunta terá como prioridade “reforzar os servizos públicos na Galicia interior para loitar contra o reto demográfico”

Besteiro respondeu ás declaracións de Rajoy no día previo no Carballiño: “quen pensa que o mundo divídese entre bos e malos, demostra que non é digno de gobernar aos galegos”

O Carballiño, 11 de febreiro de 2024. O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, interveu este domingo nun mitin na localidade ourensá do Carballiño, dende onde se comprometeu a que haxa servizo de pediatría axeitado para as necesidades dos nenos e nenas da comarca.

O candidato, que estivo acompañado polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e a candidata número 1 pola provincia de Ourense, Carmen Dacosta,  e ofreceu un mitin no que se centrou especialmente no baleirado de servizos públicos na Galicia interior durante estes últimos 15 anos de goberno do PP na Xunta.

“Comprométome a que non haberá ningún neno sen pediatra no Carballiño, en Ourense, nin en toda Galicia” afirmou un Besteiro que amosou a súa indignación pola situación actual do concello que non conta con nin un só pediatra. Así mesmo, manifestou o seu respaldo á mobilización dos veciños para reclamar este servizo que terá lugar o vindeiro 16 de febreiro.

O candidato do PSdeG criticou “as palabras baleiras” de Feijóo e Rueda desta semana en favor da Galicia rural, xa que non entende “como podes dicir defender ao mundo rural, á xente do interior, cando levas 15 anos recortando sistematicamente todos os servizos públicos?”, preguntouse.

“A forma de loitar contra o reto demográfico é con máis e mellor sanidade pública, de proximidade, con educación pública e non pechando 1 de cada 10 colexios na última década, con promoción de vivenda e con impulso da economía para crear emprego”, engadiu Besteiro.

O candidato socialista remarcou as propostas que teñen no seu programa de cara a mellorar a atención primaria, como o establecemento dun máximo de 48 horas para ser atendido polo médico de cabeceira, ou a incorporación de novos servizos nos PAC, como o de saúde mental.

“Ese é o modelo socialista para evitar que haxa unha Galicia de dúas velocidades, exactamente o contrario do que fai o Partido Popular”, remarcou.

Besteiro tamén apuntou á necesidade de reforzar o sistema de pensións público con “remuneracións axeitadas que permitan ter unha vida digna no último tramo da vida”. Para o socialista non é entendible que nin o PP nin o BNG votaran a favor da suba das pensións no Congreso dos deputados, “é algo que deben explicar a todos os pensionistas galegos”, engadiu.

Tamén criticou as palabras de Rajoy que estivo este mesmo sábado no Carballiño, sendo que o ex presidente popular declarou que “ou goberna o PP ou entran os malos”. Para Besteiro estas palabras amosan “o sectarismo que teñen no Partido Popular” e que nunca pensaron en gobernar para todos, só en confrontar e dividir á sociedade”. “Quen pensa que o mundo divídese entre bos e malos, demostra que non é digno de gobernar aos galegos”, sentenciou.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23