Categorías: Actualidade

Besteiro garante compensacións aos propietarios das Fragas do Eume polas limitacións do uso dos seus terreos

O candidato socialista á Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, derrogará o Plan Reitor, aprobado por Rueda, porque provoca perdas económicas, impón normas con total descoñecemento da realidade e recorta dereitos

Besteiro formula alternativas como “axudas pola fixación de carbono, pagos compensatorios por restrición de uso, compra de terreos con máxima limitación a prezos xustos, o arranxo urxente dos accesos e a promoción de todo o parque máis aló da zona de Caveeiro, entre outras”

“As Fragas son un patrimonio natural de todos os galegos. Rueda non pode desentenderse  e esixir aos propietarios que se fagan cargo dun ben común de interese xeral”, incidiu

O candidato socialista á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, reuniuse cos alcaldes e propietarios das Fragas do Eume, os que lles trasladaron a súa indignación pola aprobación do Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX) por parte do goberno do PP de Rueda. O plan foi aprobado sen ningún tipo de consenso nin resposta ás alegacións presentadas polos Concellos e donos das fincas.

A superficie das Fragas suma cinco municipios: Monfero, A Capela, As Pontes, Cabanas e Pontedeume, e o 80 % deste Parque Natural pertence a particulares, que levaban 26 anos esperando unha Lei que fixara o uso e a xestión das súas terras e lles compensara polas limitacións e obrigas que teñen, ao estar dentro dunha zona de especial interese. Pola contra, a Xunta de Rueda aprobou este ano o PRUX, “con máis de 20 anos de retraso, provocando perdas económicas e ambientais, impoñendo normas con total descoñecemento da realidade, e recortando dereitos”, explicou Besteiro.

O candidato socialista á Xunta comprometeuse a derrogar o PRUX cando sexa presidente do Goberno galego e consensuar un novo Plan porque o actual “é inxusto e non formula alternativas como beneficios pola fixación de carbono, pagos pola cesión de uso público ou a compra de terreos a prezos xustos, axudas compensatorias polas limitacións aos particulares, fomento do emprego verde, etc.”.

Neste sentido, avogou por aproveitar as oportunidades económicas: “É o momento de buscar fórmulas para poñer prezo ao carbono dos Espazos Naturais que capturan os montes galegos. O noso país pode ser un gran sumidoiro natural e os prezos nos mercados internacionais pola absorción de CO2 van seguir en aumento”.

En opinión de Besteiro “o PRUX debería contemplar unha política seria para a compra pública das 433 hectáreas da zona declarada de máxima protección, e unha avaliación económica das limitacións que impón o parque no resto das 3.395 hectáreas de superficie da zona de uso limitado, estudando fórmulas xustas de compensación para os seus propietarios alí onde estean directamente afectados”.

Besteiro defendeu a figura de Parque Natural das Fragas do Eume pero desde o respecto á propiedade privada garantida constitucionalmente. “As Fragas son un patrimonio natural de todos os galegos. Rueda non pode desentenderse  e que os propietarios se fagan cargo dun ben común de interese xeral. Se gozamos desta espectacular paraxe, tamén temos o deber e a responsabilidade de contribuír a mantela” dixo.

Cualificou de “tomadura de pelo” a partida habilitada por Rueda para a compra das fincas e propuxo estudar “medidas satisfactorias e xustas como a cesión de uso dos terreos a Medio Ambiente para que se ocupe do mantemento e a xestión das fincas e a plantación e, a cambio, compense aos donos seguindo o modelo de colaboración que se está a aplicar xa noutras comunidades de España”. Propuxo potenciar actividades que fomenten o emprego verde e incrementen o valor das Fragas.

Mellora urxente dos accesos

Besteiro urxiu a Rueda a mellora dos accesos ás zonas de saca de madeira onde está permitida, a ampliación e mantemento da estrada de acceso que o PP ten completamente abandonada, a a necesidade de aparcamentos disuasorios nos accesos ás Fragas, a revisión e reapertura das pontes colgantes como un atractivo máis do Parque Natural, pór en valor os restos arqueolóxicos catalogados nas Fragas e divulgar e facer máis atractiva a zona media-alta das mesmas a través da economía verde, porque as Fragas son máis que Caaveiro”, concluíu.

Por último agradeceu aos propietarios das fincas que “malia todas as dificultades e aínda a costa do seu patrimonio persoal” dado o maltrato da Xunta do PP durante anos, “foran quen de manter a esencia dun lugar natural de incrible beleza que é unha das marabillas da nosa terra”

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38