Categorías: Actualidade

Besteiro: “Faremos a Gran Coruña, a cidade ben conectada coa súa área metropolitana, e será imparable”

O candidato socialista á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, comprométese a complementar a mobilidade coa gratuidade da AP-9 cando sexa presidente

Asegura que “a descontaminación da Ría do Burgo será ‘un antes e un despois’ para Culleredo, a súa comarca e a calidade de vida”

“Só os socialistas fomos quen de recuperar a Ría do Burgo, unha demanda histórica de Culleredo, fronte a un PP que funciona mal e só para os seus”

Culleredo, 10 de febreiro de 2024.- O candidato socialista á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe na súa intervención nun mitin en Culleredo, que “faremos a Gran Coruña, a cidade ben conectada coa súa área metropolitana, e será imparable”. Considera imprescindible que a comarca conte cun Consorcio de Transporte Metropolitano que conecte toda a área metropolitana cun servizo público de transporte eficaz, puntual, con ampliación de frecuencias, horarios e destinos, verde e de calidade. Segundo Besteiro “a mobilidade da cidadanía en transporte público é un dereito que non entende de límites municipais nin administrativos”.

Un transporte metropolitano que verá complementada a mobilidade coa gratuidade da peaxe da AP-9, a Autoestrada do Atlántico, que Besteiro comprometeuse a facer 100% gratuíta se gaña as eleccións xa que o PP lle prorrogou a concesión ata o ano 2048.

Ría limpa co Partido Socialista

Amosouse satisfeito de que “por fin, unha demanda histórica desta vila, dos seus veciños e veciñas e dos seus alcaldes, sexa xa unha realidade no próximo mes de abril” en referencia á actuación de descontaminación e recuperación da Ría do Burgo, que contou cun investimento de 37 millóns de euros do Goberno de España. Recordou Besteiro que desde o peche da Cros no ano 90, tanto Julio Sacristán como o actual alcalde José Ramón Rioboo, viñan reclamando esta intervención “sen que ninguén lles fixera caso… e moito menos a Xunta do PP. Tivéchedes que agardar 33 anos, para que alguén tivera a sensibilidade de arranxar esta desfeita: o goberno de Pedro Sánchez”.

Segundo afirmou “esta actuación suporá ‘un antes e un despois’ para o futuro de Culleredo e a calidade de vida de todo o contorno da Ría. Será algo moi parecido ao que pasou en Bilbao e suporá o despegue definitivo de Culleredo medioambiental, económico e social”. O candidato socialista apuntou que, ademais, da recuperación da biodiversidade e a pureza da auga, Culleredo tamén medrará económica e socialmente “porque volverá reactivarse unha actividade tan importante como o marisqueo, pero tamén porque as instalacións da antiga Cros albergarán o Centro de excelencia para a Competitividade en Economía Circular, un centro pioneiro de investigación punteiro en Europa, “que se converterá en polo de atracción doutras empresas desenvolvendo unha economía circular”.

Rueda frea Culleredo

Fronte á actuación do Goberno socialista, contrapuxo a “nefasta xestión e inacción” da Xunta do PP e de Rueda, incluso no que son as súas competencias: a seguridade viaria na rede de estradas; a reparación da fachada do CEIP de Tarrío, ou o Parque Deportivo da Universidade Laboral “completamente abandonado e inutilizado” e que o propio Rioboo ofreceuse a arranxar con cartos municipais. Ata tal punto chega a “falla de colaboración da Xunta, que o conselleiro de Educación non recibe ao alcalde, a pesar de que lle quere arranxar as cousas”, criticou. “Galicia funciona mal. Tede por seguro que serei o presidente de todos os galegos e galegas e non só duns poucos” concluíu Besteiro.

Pola súa banda, o alcalde de Culleredo amosouse moi satisfeito ante a implantación dun transporte metropolitano de calidade na comarca e coa actuación sobre a Ría do Burgo. Rioboo incidiu “no abandono ao que PP somete á nosa comarca nas súas propias infraestruturas e competencias fronte aos investimentos da Deputación da Coruña e o Goberno de España que fan, dixo, que poidamos subsistir”.

“Contigo fixeron trampas, José Ramón, pero non van poder contigo. Vas ser o próximo presidente da Xunta” dixo o alcalde de Culleredo.

No mitin de Culleredo, ademais de Besteiro e o alcalde da localidade, participaron tamén os dous primeiros candidatos socialistas pola provincia da Coruña ás vindeiras eleccións autonómicas do 18 de febreiro, Patricia Iglesias e Julio Abalde.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23