Categorías: Actualidade Secretaría Xeral

Besteiro esixe a comparecencia de Rueda no Parlamento para explicar o despilfarro de 470 millóns na licitación do Hospital Álvaro Cunqueiro

O secretario xeral do PSdeG dirixiuse por carta ao presidente da Xunta para pedir aclaracións sobre a ampliación irregular do contrato, a falta de transparencia durante todo o proceso e quen foron os responsables de tomar as decisións

O líder socialista lamentou que o conselleiro de Sanidade, coas súas declaracións de onte sobre o hospital, deixe claro que “para o Partido Popular, a sanidade é un negocio, neste caso, inmobiliario”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, informou hoxe de que o Grupo Parlamentario Socialista vén de rexistrar unha batería de iniciativas en relación co sobrecuste e outras irregularidades na licitación do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, que o Consello de Contas cifra en 470 millóns de euros, segundo o informe que fixo público esta semana.

Ese documento confirma “o que os socialistas galegos vimos denunciando dende hai anos”, sinalou Besteiro sobre o feito de que a xestión do contrato do Cunqueiro “foi un desastre financieiro e administrativo” que causou “graves prexuízos” á cidadanía galega. Cualificou de “inaceptable” o sobrecusto, debido “a malas decisións” ás que se uniu unha total “falta de transparencia” no proceso de licitación “como poucas veces se tiña visto”.

“Estamos a falar de case 500 millóns de euros tirados ao lixo”, lamentou o líder socialista, que remarcou que se trata de cartos “de todos os galegos” que foron malgastados de xeito “irresponsable”, porque o hospital vigués ten menos camas do que estaba previsto para que, “ata onde sabemos hoxe”, se estea enriquecendo un fondo voitre francés. 

O portavoz socialista no Parlamento de Galicia explicou que, ademais das iniciativas rexistradas na cámara, hoxe mesmo enviaralle unha carta a Alfonso Rueda na que lle demanda a súa comparecencia urxente no pleno da Cámara, así como a do conselleiro de Sanidade na comisión de Calidade Democrática e Transparencia.

Besteiro insistiu en que Feijoo, que era presidente cando se licitaron as obras, e Rueda, como vicepresidente nese momento, “non poden seguir agochándose ” e deben dar explicacións sobre o despilfarro de 470 millóns, sobre a ampliación irregular do contrato e sobre a falta de transparencia durante todo o proceso de licitación. A gravidade do tema, subliñou, require de “explicacións claras” acerca de por que se tomaron esas decisións e quen son os responsables. “Os galegos e as galegas merecen respostas, e merécenas agora, pero seguirmos esperando”, criticou.

Nese senso, dixo que “non se pode xustificar o inxustificable”, en referencia ás declaracións que onte fixo o conselleiro de Sanidade. José Ramón Gómez Besteiro quixo deixar claro que durante a pandemia houbo un presidente do Goberno “que tomou as decisións que había que tomar” e a iso sumáronse “uns profesionais sanitarios que se deixaron a pel” para salvar á poboación. Por iso, “dicir que as obras combateron a covid é repetir o mantra de Ayuso co Zendal” e deixar claro que “para o Partido Popular, a sanidade é un negocio, neste caso, inmobiliario”.

O secretario xeral defendeu que a cidadanía “non pode seguir pagando as consecuencias da incompetencia e da opacidade” dos responsables do despilfarro, polo que esixiu que se tomen todas as medidas necesarias “para evitar que algo así volva suceder”.

O secretario xeral dos socialistas galegos fixo estas declaracións previamente á súa participación na Feira do Bonito de Burela, que este ano celebra a súa XXXVIII edición e que é unha cita imprescindible do verán para veciños e visitantes.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O Grupo Socialista defende integrar a formación no uso dos dispositivos dixitais no sistema educativo como medida preventiva fronte ao ciberacoso

Julio Abalde reclámalle a Educación que dea conta da aplicación do protocolo fronte ao acoso…

13/02/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa á Xunta de encargar unha enquisa “ad hoc” sobre a lingua para “fabricar unha Galicia imaxinaria que non existe”

Silvia Longueira puntualiza que “cando a realidade non lles da a razón encargan a unha…

13/02/2025
  • Actualidade

Os socialistas denuncian unha nova alianza do PP coa ultradereita en contra do uso do galego

Obdulia Taboadela censurou no Congreso “o boicot á nosa lingua” por parte dos populares mentres…

13/02/2025
  • Actualidade

Silvia Longueira denuncia a estratexia da Xunta de “parálise e destrución progresiva” da Dependencia

A deputada socialista Silvia Longueira presentou hoxe unha pregunta urxente no Parlamento de Galicia para…

12/02/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista reclámalle á Xunta que reforce o profesorado de apoio no CEIP Bergantiños de Carballo

Patricia Iglesias alerta da “situación crítica” no centro provocada polos “recortes en educación” aplicados polo…

12/02/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista urxe á Xunta a garantir prazas asistenciais para adultos con TEA na provincia de Pontevedra

Paloma Castro sinala que en toda a provincia só hai 56 prazas e lembra que…

12/02/2025