Categorías: Actualidade Secretaría Xeral

Besteiro critica o “maltrato” da Xunta ás persoas con discapacidade de Ourense, obrigadas a desprazarse máis de 100 quilómetros para ser atendidas nun centro público

O líder dos socialistas galegos participa na concentración convocada en Ourense pola Plataforma ProCAPD

 

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamoulle hoxe á Xunta que cumpra co seu compromiso de garantir unha xestión “cen por cen pública” do Centro de Atención ás Persoas con Discapacidade -CAPD- de Ourense. O líder dos socialistas galegos mantivo un encontro coa directiva da Plataforma ProCAPD de Ourense antes de participar na concentración convocada hoxe diante da sede da Xunta na capital da provincia.

 

O responsable socialista denunciou o “maltrato” da Xunta ás persoas con discapacidade de Ourense, obrigadas a desprazarse máis de 100 quilómetros para ser atendidas no centro público máis preto que hai nas outras tres provincias galegas pero non en Ourense.

 

Afeoulle ao goberno galego o “desprezo claro a unhas familias, que merecen a mesma dignidade e dereitos que no resto de Galicia”, e que lles están a negar ao permitir a entrada da xestión privada que reduce a calidade na atención a un sector da poboación vulnerable. O Consello da Xunta acordou o pasado 27 de decembro autorizar a contratación da xestión a unha entidade de iniciativa social para os próximos 3 anos por 13,96 millóns de euros.

 

Sinalou que resulta “absolutamente inxusto que estas familias segan a ser tratadas como cidadáns de segunda” ao negarlles un CAPD público que si teñen o resto das provincias galegas, e que “non é un luxo, é un dereito básico para garantirlles unha vida digna ás persoas con discapacidade e ás súas familias”. Reclamou “xustiza” que a Xunta “poña fin a unha situación insostible” e garanta unha “atención pública de calidade a tódolos galegos e galegas independentemente de onde vivan”.

 

Criticou que o goberno galego obrigue ás familias de Ourense a desprazarse ata Sarria, A Coruña ou Chapela porque esta provincia é a única sen un centro de xestión pública en toda Galicia. Acusou á conselleira de Política Social de desprezar aos afectados, que levan anos reclamando unha xuntanza para explicarlle a súa petición, pero ata o momento non tiveron ningún tipo de contacto amosando unha “preocupante falla de empatía” pola súa banda.

 

Esixiulle ao goberno galego que cumpra co compromiso acordado coas familias en 2016 para construír un centro de xestión pública e directa por parte da Xunta integrando centro residencial, centro de día e prazas de respiro familiar. Lembra que o centro, que debera ter entrado en funcionamento en 2022, tivo que retrasar a construción ata o ano 2024, e a día de hoxe aínda non ten data certa para a súa apertura.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro reivindica en Ferrol o carácter público de Navantia fronte á “ameaza” de privatización pola “axenda ultra” do PP

O líder dos socialistas defendeu o esforzo inversor do Goberno de Pedro Sánchez e o…

14/07/2025
  • Actualidade

O PSdeG denuncia que a Xunta banaliza a dor e permite “bailar sobre as feridas da historia” ao autorizar festas na illa de San Simón

A deputada Paloma Castro e o secretario de Memoria Histórica, Iván Puentes, criticaron que o…

12/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica que a oferta de campamentos de verán da Xunta permanece “ancorada nun catálogo antigo sen apenas variación”

Julio Abalde reclama un modelo “á altura dos desafíos do século XXI” con “máis ambición,…

11/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa a Medio Rural de empregar comparecencias no Parlamento para autobombo e entorpecer o traballo de control por parte da oposición

Lara Méndez aféalle ao director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria que acuda á Cámara…

11/07/2025
  • Actualidade
  • Uncategorized

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que “abandone a pasividade” e poña en marcha unha estratexia “real e eficaz” fronte ao cancro do castiñeiro

Carmen R. Dacosta reclama actualizar e reforzar o programa de control biolóxico da praga que…

11/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista reclámalle a Educación a revisión en profundidade do programa E-Dixgal

Julio Abalde alerta de que a falla de recursos e o deseño do programa polo…

11/07/2025