Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Besteiro comprométese a poñer en marcha un Plan Urxente para a Atención Primaria e rebaixar as listas de espera

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, considera “inaceptable o estado de deterioro da sanidade pública galega pola mala xestión de Rueda e o PP” e defende incrementar os orzamentos sanitarios

Besteiro apoia as demandas de SOS Sanidade Pública e anuncia que os socialistas se unirán á manifestación contra os recortes sanitarios

Considera imprescindible reverter a situación da Atención Primaria, á reapertura dos centros de saúde pechados e inclusión de consultas especializadas como pediatría

Vigo, 16 de xaneiro de 2024.- O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, asumiu como propias as reclamacións presentadas polo colectivo SOS Sanidade Pública e comprometeuse “a devolverlle á Sanidade á calidade que tiña en Galicia, especialmente canto á atención Primaria, xa que a xestión de Rueda e o Partido Popular nestes últimos 14 anos só destaca polos recortes, a precarización e a privatización da sanidade”. “A sanidade en Galicia precisa incrementar os seus orzamentos, como primeira medida dun plan de choque que debe recaer, principalmente na Atención Primaria e outras especialidades”, apuntou.

Besteiro, que hoxe se reuniu en Vigo cos máximos representantes desta plataforma cidadá, trasladoulles que os socialistas participarán na manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o vindeiro 4 de febreiro en Santiago de Compostela porque “compartimos todas e cada unha das súas demandas”..

O candidato socialista comparte co colectivo cívico que é fundamental recuperar, en primeiro lugar, a calidade da Atención Primaria, xa que os doentes non poden esperar a ser atendidos polo seu médico de cabeceira entre 15 e 25 días, como é a media actualmente. “Hai que investir en sanidade porque é un dereito da cidadanía. Unha cita non pode prolongarse máis aló de 48 horas e para iso temos que incrementar o cadro de persoal sanitario. Unha medida, por certo, que rexeitou co seu voto en contra o conselleiro de Sanidade”. E tamén é fundamental, para Besteiro, acabar co nepotismo e que as listas de espera sexan públicas e transparentes”

A 3ª COMUNIDADE QUE MENOS INVISTE

Besteiro recordou que a Xunta é a terceira comunidade que menos inviste en sanidade por habitante e que “leva recortados máis de 130 millóns de euros” desde a época do socialista Emilio Pérez Touriño, “o que supón que teñamos case mil médicos menos” que daquela. “A poboación ten que ter garantido un médico a menos de 30 minutos do seu domicilio, polo que haberá que estudiar e reabrir centros de saúde pechados polo PP de Rueda e, ademais, dotalos de consultas especializadas. Non podemos consentir que haxa cerca de 11.000 nenos e nenas sen pediatra asignado, máis de 200.000 persoas agardando por unha primeira consulta hospitalaria, 46.000 á espera dunha intervención cirúrxica ou case 120.000 pendentes dunha proba diagnóstica”, apuntou. Entre outras medidas, comprométese á rebaixar as listas de espera poñendo en funcionamento os hospitais polas tardes e ata que a situación se normalice “sempre, compensando ó persoal médico e aumentando a contratación de profesionais”.

Segundo o candidato socialista “é necesario tamén ampliar a Atención Primaria a outras especialidades como a Saúde Mental, un dereito que en Galicia non está garantido por falta de profesionais” xa que ten a peor proporción por habitante de España e listas de espera que superan os dous meses.

“RECORTES PROVOCAN DESIGUALDADES”

“Estes recortes provocan desigualdades nun territorio con poboación tan dispersa como a nosa, con cidadáns de primeira e de segunda, dependendo de onde residan”, dixo Besteiro, quen tamén apuntou que os únicos que se benefician dos recortes son as grandes empresas que privatizan un dereito fundamental como é a atención sanitaria co visto e prace de Rueda.

“Un investimento adecuado, unha planificación axeitada que evite o colapso das urxencias, uns incentivos e condicións laborais estables para o persoal sanitario, unidades de traslado axeitadas e suficientes, etc. é unha necesidade que debe responder á demanda sanitaria que temos en Galicia a través dunha boa xestión” e non como a que fai o PP que aforra cartos á costa da saúde da cidadanía e poñendo, ás veces, en perigo a súa vida.

Besteiro, agradeceulles aos membros de SOS Sanidade Pública que “non se rendesen nestes 14 anos e seguiran coa defensa dunha sanidade que é de todos e todas e que debe gozar da máxima prioridade para calquera goberno e garantir á máxima calidade á cidadanía”. Igualmente recoñeceulles o esforzo para recoller as máis de 50.000 sinaturas que levaron ao Parlamento galego para respaldar a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) “en defensa dos nosos dereitos malia que o PP o botara abaixo votando en contra e aplicando a súa maioría absoluta”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23