Categorías: Actualidade Secretaría Xeral

Besteiro chama a mobilizarse en defensa da sanidade pública galega ante a desidia de Rueda

José Ramón Gómez Besteiro, Elena Espinosa e Julio Torrado mostraron a SOS Sanidade o apoio dos e das socialistas á mobilización convocada pola plataforma

Máis de 220.000 galegos e galegas agardan unha cita cun especialista e cerca de 51.000 atópanse en lista de espera para unha cirurxía

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reuniuse na sede nacional dos socialistas galegos co portavoz de SOS Sanidade, Manuel Martín, para trasladarlle o apoio do partido á manifestación convocada para o 6 de abril en Santiago en favor da sanidade pública galega. Nela, espérase “reeditar o éxito da concentración de xaneiro en Vigo, cando máis de 60.000 persoas se botaron á rúa para defender unha sanidade pública de calidade”, sinalou Besteiro.

Na xuntanza participaron tamén a deputada Elena Espinosa, portavoz de Sanidade do Grupo Socialista no Parlamento galego; o secretario de Sanidade e portavoz da Executiva do PSdeG, Julio Torrado, e, por parte da plataforma, Carlos Pardo.

“É unha cita á que todos e todas debemos acudir”, asegurou o líder socialista tras o encontro. Denunciou que a sanidade pública “está recibindo ataques inaceptables desde a dereita política” e chamou a defender un dereito e un servizo “que nos protexe a todos e todas”. Criticou que a Xunta manteña centros de saúde pechados, advertiu da falta de profesionais sanitarios e alertou das “listas de espera interminables” tanto na atención primaria coma en especialidades e cirurxías.

De feito, a día de hoxe son máis de 220.000 os galegos e galegas que están agardando por unha cita cun especialista. No caso das cirurxías, o número sitúase xa preto das 51.000 persoas á espera dunha intervención.

O secretario xeral recordou que o Partido Socialista estará na mobilización “coma sempre estivo” desde os primeiros pasos dunha plataforma da que o PSdeG “é membro fundador”, e comprometeuse a seguir defendendo “uns servizos públicos de calidade” como un dos eixos das políticas dos e das socialistas de Galicia. Criticou que, pola contra, o Partido Popular rexeite poñer en marcha medidas para reducir o tempo de atención, mentres Rueda mantén no cargo a un conselleiro “ao que lle parece unha broma que a xente enferme”.

Recordou tamén que Galicia está hoxe á cola de investimento por habitante no campo da atención primaria. A esa eiva súmanse as condicións laborais do persoal do Sergas, que están entre as peores de España, os médicos e médicas en formación son dos peor pagados e a ratio de profesionais sanitarios respecto da poboación está moi por debaixo da media do Estado.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade
  • Secretaría Xeral

Besteiro censura que o PP fale de igualdade “cando acabamos de ver que Montoro xestionaba as leis en beneficio duns poucos”

“Aínda non sabemos cal é o modelo de financiamento de Feijoo e Rueda”, criticou o…

17/07/2025
  • Actualidade

O PSdeG celebra que cada vez estea máis cerca a resolución sobre a posible ilegalidade da prórroga de Aznar á concesión da AP-9

A secretaria de Transportes e Mobilidade Sustentable, Patricia Otero, sinalou que a decisión definitiva da…

17/07/2025
  • Actualidade
  • Secretaría Xeral

Besteiro critica a falla de propostas de Rueda no modelo de financiamento: “Deixe de agardar polas instrucións de Feijóo e comece a defender os intereses de Galicia”

O líder dos socialistas galegos defende o financiamento singular para Galicia, que “aporta e recibe…

16/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista empraza á Comisión Galega da Competencia a actuar con autonomía “sen agardar sentenzas ou presión mediática”

Lara Méndez reclama o reforzo dos recursos humanos e técnicos do órgano e urxe a…

15/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que a estratexia de Rueda do “non polo non” ameaza con deixar a Galicia sen voz no debate do modelo de financiamento

Patricia Iglesias defende facer valer a realidade da dispersión e o avellentamento e maior autonomía…

15/07/2025