Categorías: Actualidade

Besteiro chama á mobilización da Galicia interior para “impulsar o cambio na Xunta”

O candidato socialista intervén nun xantar mitin en Celanova xunto con 100 simpatizantes

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, chamou á mobilización da Galicia interior a favor dun cambio de goberno encabezado polo PSdeG “cara unha Galicia mellor”. Besteiro interveu nun xantar – mitin en Celanova con 100 simpatizantes no que tamén participaron a cabeza de lista da provincia, Carmen Dacosta, a teniente de alcalde, Teresa Barge, e o secretario provincial e senador Rafael Rodríguez Villarino.

Besteiro pediu o cambio cara un novo executivo encabezado polos socialistas galegos que permita “aproveitar as oportunidades” e superar a etapa de gobernos do PP que, sinalou, “din que van facer en 4 anos o que non vivimos nos últimos 15 anos”. Dixo que a alternativa socialista representa “a ambición dunha Galicia mellor, unha Galicia que teña peso en Madrid”, fronte a un Rueda que “sáenos caro” pola súa falla de peso político.

Ironizou con que o candidato do PP vai “a rueda” dos socialistas galegos, antes de lembrar que hai 10 días Feijóo votara no Congreso en contra dunha “pensión digna” para os 800.000 pensionistas galegos dentro da súa posición de confrontación sistemática do goberno de Pedro Sánchez.

A cabeza de lista do PSdeG pola provincia de Ourense, Carmen Dacosta, reivindicou a proposta de Besteiro de despregar un Plan para o reequilibro territorial da provincia. Defendeu o proxecto socialista de defensa da sanidade pública e a educación, impulso da reindustrialización de Galicia e o crecemento económico, que permita a creación de emprego de calidade, freando a marcha dos mozos e mozas a traballar pola falla de emprego e de vivenda.

Tanto a tenente de alcalde de Celanova, Teresa Barge, como o secretario provincial e senador Rafael Rodríguez Villarino, sinalaron as medidas impulsadas polo goberno socialista para mellorar a calidade de vida dos maiores e os fondos de recuperación destinados a impulsar o desenvolvemento da Galicia interior, e preguntaron que fixo o PP coas partidas millonarias que o goberno puxo nas mans da Xunta procedentes de Europa.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29