Categorías: Actualidade

Begoña Rodríguez Rumbo urxe á Xunta que exerza as súas competencias e recursos propios para “facer o torniquete” que pare coa “sangría demográfica” de Galicia

A responsable de Administración Pública do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, urxiu hoxe á Xunta que empregue as súas competencias e recursos para aplicar un “torniquete” que pare coa “sangría demográfica” de Galicia. A responsable socialista presentou unha iniciativa parlamentaria para reclamarlle á Xunta que reforce os servizos públicos no rural e colabore cos concellos, que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista alertou de que o despoboamento “segue a ser un dos problemas máis graves na actualidade en Galicia”, mentres o presidente da Xunta “leva os seus 12 anos de goberno mirando para outro lado”. A conclusión é que hoxe Galicia ten 101.844 habitantes menos e o saldo vexetativo máis baixo de todo o Estado, ata o punto de que en 2020 naceron en Galicia 7.274 nenos e nenas menos que en 2009.

Sinalou que de acordo coas prospeccións do IGE Galicia vai perder case 165.000 habitantes dende hoxe ata 2035, o que equivale ao 54 por cento da poboación actual de toda a provincia de Ourense, situándose no entorno dos 2,5 millóns de habitantes. Unha situación sinaladamente grave en comarcas como Costa da Morte ou Ferrol – Eume – Ortegal, que segundo este informe perderían 20.000 habitantes cada unha.

Rodríguez Rumbo apuntou á falla de apoio por parte da Xunta de Galicia para frear esta tendencia incentivando o asentamento das familias no rural ou o mantemento dos sectores produtivos, mentres permite a “perda progresiva de servizos privados e públicos”, agravando o despoboamento do rural. Ao mesmo tempo, “abandonan aos concellos galegos, conxelando a súa participación nos ingresos da Comunidade Autónoma durante estes 12 anos”.

Explicou que logo de 12 anos de desleixo, Galicia ten unha poboación máis envellecida, cun 25,76 por cento de poboación maior de 65 anos, menos ocupados, perdendo 83.400 persoas activas dende 2009 e co terceiro peor datos de crecemento do emprego postpandemia, só por diante de Murcia e de Ceuta, e con menor calidade de vida para os galegos e galegas do interior.

A responsable socialista dixo que o despoboamento afecta ao equilibro do Estado do Benestar, entrando nun “círculo vicioso” con menos beneficiarios, servizos máis caros, dificultade de acceso ás novas tecnoloxías e, polo tanto, emigración por “falla de servizos e oportunidades”. Urxiu a tomar medidas políticas urxentes que “eviten que perdamos o futuro, que diminúa a nosa calidade de vida, que perdamos oportunidades e que aumenten as desigualdades entre territorios, poñendo en risco a cohesión social”.

Os socialistas presentaron hoxe unha proposta para reclamarlle á Xunta que execute a totalidade das partidas orzamentarias que figuran nas contas oficiais do goberno galego e que adopte as medidas necesarias para crear e reforzar os servizos públicos nos concellos galegos para facilitar o asentamento poboacional. Finalmente, reclamou colaboración financeira cos concellos, sinaladamente os máis pequenos, para que poidan desenvolver as súas competencias e axudar para reverter a situación demográfica de Galicia.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38