Categorías: Actualidade

Begoña Rodríguez Rumbo denuncia “unha vez máis” a falla de transparencia da Xunta que “ningunea” o traballo de fiscalización do Consello de Contas

Censura a demora da presentación e debate da memoria anual de 2020 e dos informes de fiscalización que conteñen a Conta Xeral de 2019 e critica que pase “sen pena nin gloria” porque cada grupo só pode intervir 10 minutos

Pide “que se avance máis” nas tarefas de control “para que non ocorra o mesmo que noutras comunidades autónomas”, como a Comunidade de Madrid, onde “mentres todos estabamos confinados, parece que había algunhas persoas como o irmán da señora Ayuso que facía caixa”

A voceira de Orzamentos do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, vén de denunciar “unha vez máis” a falla de transparencia dunha Xunta de Galicia que “ningunea” o traballo de fiscalización do Consello de Contas.

Fíxoo, hoxe, na Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas, que se celebrou no Parlamento galego coa comparecencia do conselleiro maior para presentar a memoria anual de actividades de 2020 e os informes de fiscalización do sector público de Galicia que conteñen a fiscalización da Conta Xeral da comunidade de 2019, nun debate no que cada grupo puido intervir tan só 10 minutos.

Neste marco, Rodríguez Rumbo criticou a “maneira de proceder da Xunta e do PP” que “vulneran os principios de transparencia” ao retrasar o debate dos informes de fiscalización que elabora o Consello de Contas. “A maioría dos informes deron entrada o 30 de xullo de 2021, hai 8 meses”, sinalou a socialista, o que supón que “hai 8 meses que a Cámara ten estes informes, entre eles, o informe de fiscalización da Conta Xeral de 2019”.

Aínda por riba, censurou, “o PP trae un lote de informes para que non digamos nada deles e que todos os incumprimentos pasen sen pena nin gloria” porque “imos debatelos en 10 minutos”. “Esta práctica sepáranos da transparencia e da cidadanía”, subliñou. Esta situación ocorre mentres noutras comunidades, como é o caso de Asturias, xa aprobaron o 22 de decembro de 2021 o informe da Conta Xeral de 2020.

OS INFORMES DE FISCALIZACIÓN

En canto ao propio informe do Consello de Contas, Rodríguez Rumbo censurou que a memoria da Conta Xeral non se axuste á estrutura do plan de contabilidade. Ademais, criticou que o Sergas, no ano 2021, segue sen contar cun sistema integral de contabilidade.

“Un ano máis segue faltando información nas contas autonómicas sobre os debedores”, incidiu a socialista, existe un “uso indebido do programa orzamentario” e aínda hai “30 entidades públicas que non renden contas”. Todo isto cando, denunciou, “continúa, un ano máis, a práctica de desprazamento entre exercicios” e “hai 145 millóns de euros de gastos que non se rexistraron contablemente neste exercicio”.

Por último, a dirixente socialista pediu “que se avance máis” nas tarefas de control “para que non ocorra o mesmo que noutras comunidades autónomas”, como a Comunidade de Madrid, onde “mentres todos estabamos confinados, parece que había algunhas persoas como o irmán da señora Ayuso que facía caixa”. “Se o señor Feijóo vai para Madrid, esperemos que poña orde nesta cuestión”, advertiu.

CONDENA Á INVASIÓN DE RUSIA SOBRE UCRAÍNA

Ao comezo da súa intervención, a vicevoceira socialista trasladou o rexeitamento do PSdeG a invasión das forzas militares rusas sobre Ucraína e amosou a súa solidariedade co pobo ucraíno. “Debemos estar a carón do Estado español e da Unión Europea manifestando a unidade ante feitos tan graves que amezan a paz”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27