Categorías: Actualidade

PSdeG e BNG asinan un acordo para gobernar as Deputacións de Lugo e A Coruña cun modelo de xestión asentado na equidade e na igualdade

Acordan un documento marco no que se aposta por reforzar a transparencia nos entes provinciais e avanzar na delimitación das súas competencias

O PSdeG e o BNG acadaron un acordo marco para facilitar a constitución e a conformación de gobernos compartidos nas Deputacións Provincias de Lugo e A Coruña. Así figura nun documento pechado entre as direccións das dúas formacións políticas e asinado con data de hoxe polo secretario de Organización dos socialistas galegos, José Manuel Lage, e o representante da área de Organización do Bloque, Bieito Lobeira.

O documento, que leva por título Acordo para acadar a actuación nas Deputacións Provinciais e conformación dos gobernos provinciais, recolle a vontade do PSdeG e do BNG de avanzar nunha “decidida política de delimitación” das competencias dos entes provinciais para transferir á Xunta as consideradas impropias, ao tempo que se propoñen afondar na transparencia na toma de decisións e seguir afondando nun modelo alternativo ao do Partido Popular, no que garantir a equidade na xestión dos recursos é o principal sinal de identidade.

Neste sentido, ambas forzas reiteran o seu compromiso coa “desaparición de todo tipo de arbitrariedade, discriminación ou favoritismo” e reafirman que o obxectivo da súa acción de goberno desde os entes provinciais é “garantir a igualdade de servizos básicos para a toda a poboación”.

En paralelo a este acordo marco, PSdeG e BNG pecharon onte a negociación para cogobernar e constituír hoxe mesmo a Deputación de Lugo, e nos próximos días farase o propio coa Deputación da Coruña, que se constituirá o 18 de xullo.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Patricia Otero esixe “tódalas garantías para o medio ambiente” no proxecto de Altri

Subliña que “fronte aos vetos cruzados, queremos industria, emprego e respecto ao entorno”   A parlamentaria socialista Patricia Otero esixiu…

21/05/2024 18:02

Nicolás González Casares denuncia o desleixo da Xunta diante da caída da produción marisqueira en Galicia

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo mantén un encontro en Barbanza para analizar a situación das rías de Arousa…

21/05/2024 17:04

O Grupo Socialista promove unha declaración institucional para que o Parlamento condene o ataque sen precedentes de Milei ao Goberno español

Elena Espinosa pídelle a Rueda que estea á altura do seu cargo e lémbralle que o presidente arxentino comezou o…

21/05/2024 16:15

Julio Abalde lamenta que o PP vote en contra de pedirlle á Xunta que axude aos mariscadores da Ría do Burgo

Reclamoulle á Xunta que garanta a supervivencia das 100 familias afectadas pola rexeneración da ría mentres dura o proceso de…

21/05/2024 12:56

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38