Categorías: Actualidade

As medidas económicas da Xunta fronte á crise da covid son “absolutamente insuficientes”

O portavoz de Economía do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco, advertiu que o plan de rescate previsto pola Xunta fronte á crise económica derivada da covid é “absolutamente insuficiente”. Francisco interveu na comparecencia do conselleiro de Economía, hoxe no Parlamento, para pedir “medidas moito máis contundentes” que melloren a aposta pola I+D e a creación de emprego e reduzan a dependencia dos mercados da europeos.

Francisco puxo como exemplo as axudas prevista para a hostalería, por canto a Xunta anuncia 1.900 euros para cada hostaleiro pero só orzamentan 12 millóns de euros, cando para atender aos 21.000 establecementos censados no ano 21 sería necesario triplicar esta contía ata os 36 millóns de euros. Estas axudas sen embargo forman parte dun plan de 75 millóns de euros presentado polo presidente da Xunta pero que non está publicado, senón que só existe como borrador.

O que si existen son os 90 millóns de euros previstos que resultan de sumar 17 millóns para hostalería, 30 para autónomos, cunha segunda liña de outros 37 millóns, e 3 millóns de euros que serían mobilizados polo Igape. Reclamoulle ao goberno galego que despregue “maior capacidade de axuda aos sectores máis afectados”, por canto os novos 75 millóns de euros resultan “absolutamente insuficientes” fronte a unha caída do PIB e do emprego moito maior do previsto.

Explicou así que informes como Funcas ou BBVA botan deixan moi atrás a caída do 9,7 por cento do PIB previsto pola Xunta nos seus Orzamentos. Así, a caída chegaría ao 10,4 e incluso o 11 por cento, o que suporía a perda de entre 20.000 e 30.000 empregos nesta primeira fase da crise, letal para a economía galega, que se ben resiste mellor que a media nacional, tamén é certo que “recupera peor”.

Reivindicou unha actuación “contundente, rápida, áxil e ampla” para apoiar aos 200.000 autónomos que conforman a columna vertebral do sistema económico galego e que viven unha situación dramática.

Reclamoulle ao goberno galego que empregue a ampla marxe de manobra que lle prestan os 1.500 millóns de euros suplementarios que ten garantido o Estado. Sinalou que “non vemos que utilicen a capacidade de endebedamento que permiten uns orzamentos expansivos para enfrontar á realidade agónica duns sectores colapsados como consecuencia das limitacións” derivadas da pandemia.

Política industrial

O responsable socialista responsabilizou á Xunta da “situación agónica” que vive a industria galega, un sector que pasou de 214.000 a 179.400 empregos entre 2008 e 2019, e o número de empresas baixou de 15.089 a 12.347 no mesmo período. Acusou ao goberno galego de actuar “coma se non tiveran competencias exclusivas en política industrial”, limitándose a atacar ao goberno central.

Esixiulle así ao goberno galego que “exerzan as súas competencias e gasten o orzamento do que dispoñen” para impulsar un plan de reactivación “moito máis intenso e áxil” co obxectivo de reforzar o tecido económico e industrial de Galicia fronte á crise provocada polo coronavirus.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09