A parlamentaria socialista Paloma Castro vén de presentar no Parlamento unha serie de iniciativa parlamentarias para pedirlle á Xunta que materialice unha nova licitación das obras do Hospital Gran Montecelo antes de que remate o 2020. A responsable socialista quere que a Xunta se dirixa á empresa encargada do proxecto para que modifique as cuestións fan inviable a execución das obras, segundo os construtores.
Castro lembra que tan só unha empresa se ten presentado ao concurso de licitación que a Xunta abriu este mesmo mes de abril, e que tivo que ser ampliado ata o 13 de xullo por petición dos construtores. Lembra que os propios representantes da Federación Galega de Construción e a Asociación de Construtores de Pontevedra lle teñen solicitado á Xunta que revisen o proxecto licitado, xa que “consideran que hai cuestións que fan inviable a execución das obras”.
A Xunta xustificara previamente a ausencia de concorrentes en que se trata dunha situación anómala e que é necesario reiniciar procedemento para garantir a viabilidade da actuación e asegurar que a ampliación do Hospital de Pontevedra se realizaría nos en prazo e sen incidencias.
A ampliación conta cun investimento de 114,6 millóns de euros para construír un novo edificio que duplicará a superficie do actual complexo sanitario de Pontevedra, “dotando á área sanitaria dun hospital único unha década despois de que o goberno da Xunta prometera dotar á cidade do Lérez dun equipamento deste tipo”.